TOPONIMIA 6º D
Ollade que fantástico traballo fixeron os nenos e nens de 6º D sobre os lugares máis significativos do noso concello.
O GALEGO É MÁXICO (2º D)
A rapazada de 2º D nos manda unha mensaxe final para despedir estas 3 semanas do Modo Galego Actívao. Escoitade as súas fermosas palabras
CAMPAÑA MODO GALEGO (1º D, 5º A e 5º B)
Ollade que fermosa campaña de promoción da nosa lingua fixeron os rapaces e rapazas das clases de 1º D, 5º A e 5º B.
Iso sí que é activar o Modo Galego!
PALABRAS BONITIÑAS DO GALEGO (2º C)
Ollade con que coidado nos falan os rapaces e rapazas de 2º C sobre as palabras máis fermosas da nosa lingua.
De seguro que estes cativos/as están ben activaod no Modo Galego. Parabéns!!
AZOS PARA O GALEGO (2º E)
Non hai mellor forma de rematar estas tres semanas de Modo Galego que con esta preciosa mensaxe das nenas e nenos de 2º E. Aquí nos mandan unhas palabras de alento para que o noso Modo GAlego non se quede unicamente nestas datas...
TRABALLOS 6º A
Na clase de 6º A tamén estiveron moi atarefados/as coas súas creacións musicais en Galego. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das súas creacións...
Vaia artistas!
TRABALLOS DE 3º C
O alumnado de 3º C tamén estivo a activar o Modo Galego durante estas semanas. Velaquí unha pequena mostra das actividades que realizaron.
Noraboa a todos/as!
TOPÓNIMOS 3º D
Antía (3ºD) nos gravou estes fermosos audios sobre a orixe dos seus apelidos e tamén sobre o topónimo Biduído.
Prestade atención...
FERMOSURA DA NOSA TERRA (4ºB)
O alumnado de 4 B quere rematar este modo Galego deste ano, amosando toda a fermosura da nosa terra.
A nosa Galicia está chea de ledicia!!!
LUGARES FAVORITOS DE AMES (1º D)
As nenas e nenos de 1º D veñen agora a contarnos cales son os seus lugares favoritos de Ames... É os vosos?
GÚSTAME O GALEGO... (4ºB)
A rapazada de 4º B cóntanos neste vídeo os motivos polos que aman ao Galego. Qué fermosura de detalles nos amosan nas súas declaracións!
NEOFALANTES EN 3º D
Non hai forma máis fermosa de comezar esta derradeira semana que coas declaracións dos neofalantes de galego da clase de 3º D.
Noraboa a todos eles/as!