miércoles, 25 de septiembre de 2024

O programa Rural Athletics Girls visita Ventín

 

O pasado vernes a lanzadora olímpica Belén Toimil dentro do programa da RFEA Rural Athletics Girls, visitaba o noso centro.

A plusmarquista de España e lanzadora olímpica, compartía co alumnado de 6º curso unha charla e unha sesión de traballo ca finalidade de achegar o atletismo ata todos os recunchos do pais da man das máis representativas atletas do momento así como de dinamizar, a través do deporte, a loita contra a despoboación no medio rural

De igual modo, a visita sería igualmente aproveitada para acudir ata o grupo de lanzamentos situado do Concello de Ames no que foi recibida tanto polos técnicos do Ames Atletismo como polo rexidor do Concello José Blas García e pola Concelleira de deportes Susana Señaris que novamente amosaban a súa gran sensibilidade e deferencia co atletismo galego.

Velaquí algunhas imaxes da actividade.

Reseña na web da Federación Galega de Atletismo.