O alumnado de 6º D quixo compartir unha reflexión sobre o que significou para eles participar no programa Modo Galego. A través dunha mensaxe gravada, os rapaces e rapazas explicaron como esta iniciativa mudou os seus hábitos á hora de comunicarse.
O máis salientable da súa reflexión é que o reto traspasou as paredes da aula. Segundo comentan os propios alumnos, grazas a esta experiencia agora falan máis galego entre eles cando están no recreo e, o que é máis importante, tamén se lanzaron a falo máis nas súas casas coas súas familias.
Esta mensaxe de 6º D demostra que o galego gañou terreo nos espazos de xogo e no ámbito familiar, cumprindo así un dos grandes obxectivos de activarmos a nosa lingua.
Unha pequena gran lección que nos chega directamente desde a aula de 6º D!
Escoita a reflexión de 6º D: