Para conmemorar o Día de Rosalía, as nosas aulas de 3º B, 4º A e 4º C enchéronse de música e versos. Queremos compartir con vós este traballo audiovisual onde os máis pequenos e pequenas lle poñen voz aos poemas e cancións da nosa autora máis querida.
Non perdades as súas actuacións:
Parabéns a todos e todas polo voso talento e por manter viva a nosa lingua!