Este 11 de febreiro, no noso centro quixemos darlle o protagonismo que merecen a todas aquelas mulleres que, co seu esforzo e intelixencia, cambiaron o mundo a través da ciencia.
A clase de 6º D sumouse con moito entusiasmo a esta conmemoración. Despois de investigar e traballar na aula, os nenos e nenas prepararon unha serie de vídeos onde nos achegan as vidas e descubrimentos de grandes científicas. Pero non o fixeron sós! Nesta ocasión, algún papá tamén se animou a participar, demostrando que a divulgación científica é unha tarefa que nos une a todos e todas.
Nesta entrada poderedes ver o resultado do seu traballo. Preparade as vosas mentes curiosas porque... xa veredes canto aprendedes!
Agardamos que desfrutedes destes vídeos tanto como nós o fixemos creándoos.
Diana