martes, 3 de marzo de 2026

Sentíndonos máis "Preto" con Rital, Andrés e Camila

Hoxe o noso blog énchese dunha sensibilidade moi especial grazas ao alumnado de 3º A. Rital, Andrés e Camila foron os encargados de darlle voz ao conto "Cerca", unha historia que nos ensina que, por moita distancia que haxa, o agarimo sempre nos mantén unidos.

Cunha dozura infinita e unha complicidade que traspasa a pantalla, este fantástico trío axudounos a entender que as persoas que máis queremos están sempre ao noso carón, no noso corazón. Foi emocionante ver como uniron as súas voces para transmitir unha mensaxe tan profunda e necesaria.

Rital, Andrés, Camila... grazas por este momento tan máxico! Fixéstesnos sentir a todos un pouquiño máis "preto" coa vosa forma de contar. ¡Sodes uns artistas con maiúsculas!