O pasado venres, 17 de abril, a nosa biblioteca converteuse nun recuncho de soños e tranquilidade. Sofía e Saínza, alumnas de 4º C, foron as encargadas de contarnos unha historia coa que todos e todas nos sentimos identificados algunha vez: "Xabi non pode durmir".
Cunha lectura pausada, clara e chea de matices, as dúas compañeiras de cuarto fóronnos amosando as voltas que dá o protagonista na cama e como intenta buscar o xeito de descansar. Sofía e Saínza demostraron unha gran complicidade á hora de narrar, conseguindo que o público quedara abraiado seguindo as peripecias de Xabi.
É estupendo rematar a semana con sesións así, onde as voces das nosas lectoras nos axudan a mergullarnos en historias tan próximas e ben contadas.
Moitas grazas, Sofía e Saínza, por este contacontos tan relaxante e por ler tan sumamente ben! Fixéstelo xenial!Queres saber como conseguiu Xabi conciliar o sono? Aquí tes o vídeo da fantástica lectura que prepararon Sofía e Saínza: