O pasado 2 de abril, o noso centro tivo unha cor especial ao conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Na biblioteca, vivimos un momento de gran sensibilidade e aprendizaxe grazas a Yeilin e Maddy, que compartiron connosco o conto "Juan ten autismo", de Helena Kraljic.
A través desta lectura, Yeilin e Maddy axudáronnos a entender mellor como ve o mundo Juan, o protagonista da historia. Foi unha oportunidade marabillosa para que o alumnado reflexionara sobre a importancia da empatía, o respecto e a inclusión, lembrándonos que cada persoa é única e que as nosas diferenzas son as que nos enriquecen como grupo.
Queremos felicitar ás dúas contacontos pola madurez e o cariño co que transmitiron esta mensaxe tan necesaria para que a nosa escola siga sendo un lugar acolledor para todos e todas.
Queres aprender máis sobre o autismo connosco? Non perdas o vídeo desta lectura tan especial protagonizada por Yeilin e Maddy:
Moitas grazas, Yeilin e Maddy, por axudarnos a derrubar barreiras e pola vosa fantástica colaboración neste día tan importante!