jueves, 7 de mayo de 2026

Os nosos expertos en retos: Gañadores e gañadoras do xogo da biblioteca

Nestas últimas xornadas de abril, a biblioteca non só foi un lugar de lectura, senón tamén de moito misterio e emoción co Xogo da Biblioteca. Tras moitas procuras entre os andeis e desafíos superados, xa temos a algúns dos grandes triunfadores deste mes!

Queremos darlle os nosos parabéns máis entusiastas a:

  • Saola (5º B)

  • Antía F. (5º C)

  • Paula R. (5º D)

  • Julia P. (3º B)

Pero a sorte e o enxeño estiveron moi repartidos, e tamén temos moitas outras premiadas entre o alumnado de 5º B, e os grupos de 2º e 3º de Primaria que participaron con moitísima ilusión.

Grazas a todas e todos por participar, por coidar tan ben da nosa biblioteca e por demostrar que buscar información e resolver retos tamén é unha forma fantástica de gozar dos libros.

Queres ver as súas caras de ledicia co premio? Aquí tes o vídeo coas fotos dos nosos gañadores e gañadoras recollendo a súa recompensa:

Seguide así, exploradores de historias! A biblioteca sempre ten un novo reto agardando por vós.