Esta semana celebramos o orgullo da nosa lingua e da nosa cultura por todo o alto coa Semana das Letras Galegas. Para festexalo, a nosa biblioteca encheuse de propostas fantásticas que nos convidan a viaxar a través das páxinas en galego.
O alumnado máis veterano preparou unhas recomendacións moi especiais, cun fío condutor moi emocionante:
Sophie e Aroa (6º A): Presentáronnos "Begoñísima", unha proposta fantástica para achegarnos á literatura con moita forza.
Noela (5º C): Recomendounos "Os fíos de Begoña", a emotiva obra de Eva Mejuto que nos atrapa dende a primeira páxina.
A recomendación de Tin: A nosa mascota preferida non quixo quedar atrás e convidanos a ler "Begoña ou o pracer da amizade", un libro perfecto para celebrar o agarimo e a unión entre as persoas.
Estas lecturas son a desculpa perfecta para compartir historias na nosa lingua e seguir descubrindo o gran talento dos nosos autores e autoras.
Queres ver aos nosos lectores e lectoras recomendando os seus libros favoritos? Non te perdas o vídeo que preparamos para conmemorar este día tan noso:
Moitas grazas a Sophie, Aroa, Noela e, por suposto, a Tin, por estas propostas tan fermosas. Feliz Día das Letras Galegas a toda a comunidade de Ventín! ¡Que viva a nosa lingua!