O pasado xoves, 30 de abril, a nosa biblioteca tivo o pracer de acoller unha sesión de contacontos chea de sensibilidade. Zoe e Paula, de 3º C, foron as encargadas de poñerlle voz e alma ao libro "Ola, son a lúa", da autora Ánxeles Ferrer.
Cunha lectura pausada e moi doce, as dúas compañeiras fóronnos descubrindo os segredos deste astro que nos mira dende o ceo. O libro, que destaca polas súas rimas e a súa linguaxe poética, cobrou vida grazas ao bo facer de Zoe e Paula, que souberon transmitir toda a maxia e a paz que desprenden os versos de Ánxeles Ferrer.
Foi un momento de moita calma e beleza, onde o público quedou engaiolado polas palabras destas dúas grandes lectoras.
Queres deixar que a lúa te saúden a ti tamén? Non te perdas o vídeo da lectura que prepararon Zoe e Paula para pechar o mes de abril da mellor maneira:
Moitas grazas, Zoe e Paula, por achegarnos a poesía dun xeito tan fermoso. Fixéstelo de marabilla!