O pasado martes, 16 de xuño, a nosa biblioteca encheuse de cores, diversión e unha gran lección de convivencia. Daniel, Leire e Cloe, de 4º A, uniron as súas voces e o seu talento para poñer en escena o fermoso conto "Monstro Azul", da recoñecida autora Olga de Dios.
Cunha posta en escena súper organizada e unha lectura clara, expresiva e chea de soltura, este gran trío de cuarto foille contando ao público as aventuras deste personaxe tan entrañable. A través da súa historia, Daniel, Leire e Cloe axudáronnos a reflexionar sobre a importancia do respecto polos demais, a escoita mutua, o coidado da nosa contorna e a marabilla que supón vivir nun mundo diverso onde todos sumamos.
O público estivo súper atento e gozou de principio a fin cunha das historias máis bonitas desta recta final de curso!
Queres ver como Daniel, Leire e Cloe nos fixeron gozar coas aventuras do Monstro Azul? Non te perdas o vídeo da súa fantástica lectura na biblioteca:
Moitas grazas, Daniel, Leire e Cloe, por agasallarnos con este contacontos tan especial e por facelo con tanto entusiasmo e saber facer. ¡Sodes uns artistas da lectura!