Como xa vos contamos, este luns día 20 celebramos o Día dos dereitos dos nenos e das nenas.
O que non agardabamos cando chegamos ao cole, era a sorpresa que levamos os nenos de 4º: dúas reporteiras do programa Galicia Viva da TVG, viñeran ao noso cole para facer unha reportaxe con nós.
Queredes saber o que pensamos os nenos sobre os nosos dereitos? Pois aquí vos traemos o programa, ao comezo do mesmo, poderédesnos ver.