O Concello de Ames vén de presentar os Puntos de Igualdade como iniciativa para promover a igualdade de homes e mulleres na sociedade.
Estes Puntos de Igualdade son dous puntos móbiles, formados por diversas obras infantís e xuvenís libres de estereotipos de xénero, que irán circulando polos colexios e polas bibliotecas municipais de Ames.
Ofrécennos, deste xeito, unha boa fonte de recursos para promover valores como a tolerancia ou o respecto.