Traémosvos tres temas de tres artistas de grande éxito en Francia. Dous deles despedíronse de nós recentemente e queremos lembrar aquí algún dos seus grandes éxitos.
Hai uns días, acábanos de deixar a cantante France Gall, que participou no festival de Eurovisión co tema Poupée de cire, poupée de son.
Outro que nos deixou foi Johnny Hallyday, que foi unha icona en Francia, en decembro de 2017. Este é o seu tema Je te promets.
E para rematar, imos estudar o uso do artigo con esta canción de Carla Bruni, Le toi du moi. Antes botádelle unha ollada á imaxe para repasalos.