viernes, 19 de enero de 2018

RIMAS POLA PAZ

Como sabedes, o 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz, e ímosvos propoñer unha divertida actividade en relación co tema.
Trátase de que poñades a vosa cabeciña a pensar e inventedes montóns e montóns de rimas relacionadas coa paz.
Aí vos van estas a modo de exemplo:

En paz queremos estar,
todos nos imos respetar.

Esa pomba branca que vai polo ceo,
tráenos a paz que todos queremos.
Esa pomba branca que está no seu niño,
quere que todos nos tratemos con cariño.

Xa vedes que doado!
Se as queredes compartir cos vosos compañeiros e que todos vexamos o ben que vos saen, só tedes que escribilas na fiestra que hai aquí abaixo, e despois darlle a enviar.


Abrindo esta imaxe veredes exemplos de palabras que podedes empregar, ademais de todas as que se vos ocorran.


Tedes de prazo ata o día 29 de xaneiro. O Día da Paz, publicarémolas aquí no blog para que as poidades ler todas.
Lembrade poñer o voso nome e clase para que saibamos de quen é cada unha.