Esta mañá comezamos co proxecto "Modo Galego, Actívao!" que consiste nunha experiencia de inmersión lingüística ao estilo da proposta "21 días co galego". Con este proxecto, no cal colabora a Real Academia Galega xunto co Concello de Ames, pretendemos establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outras persoas traballadoras do centro para empregar a lingua galega durante as próximas tres semanas.
Hoxe comezamos coa sinatura do compromiso e coa entrega dunhas pulseiras coa bandeira galega, que nos servirán como lembranza da nosa participación neste proxecto.