Durante estes días continuamos a promover o uso da lingua galega entre o noso alumnado, a través dos recursos que podedes consultar neste blog que actualiza a diario a Real Academia Galega.
Nestes días tocou tirar da nostalxia que sentimos cando lembramos o famoso Xabarín Club, do papel da nosa lingua nas redes sociais e, ademais, falamos dos éxitos que está a conseguir na actualidade o panorama audiovisual galego.
E, por se fose pouco, tamén participamos na gravación do vídeo oficial da campaña "Modo Galego, Actívao!"