Cando se xuntan o 3º B e o 3º C, o perigo está asegurado... pero do bo! Celia e Telma, esa parella inseparable que xa non sabemos se son dúas persoas ou un pack indivisible, interpretaron o conto "Despois da chuvia" de Miguel Cerro.
Narraron a historia de marabilla, demostrando que a súa amizade é tan forte que nin o maior temporal do mundo as podería separar. Iso si, despois de velo, algúns quedamos coa dúbida de se a complicidade que teñen é de serie ou se traen algunha broma agochada entre as mans... 🦀