Con motivo do Día de Rosalía, o alumnado de 6º A preparou unha homenaxe moi especial. Unindo as súas voces, recitaron de xeito colectivo o poema "Calade!", onde cada neno e nena dá vida a un verso desta peza fundamental da nosa literatura.
Dalle ao play para desfrutar desta lectura coral:
Un orgullo ver como as novas xeracións manteñen viva a palabra da nosa poeta máis querida. Feliz Día de Rosalía!