O pasado martes, 10 de marzo, a maxia da lectura continuou en 2º D con dúas contacontos moi especiais: Andrea e Estela.
Desta volta, presentaron o conto "Os libros non son para os osos". Cunha narración chea de enerxía, Andrea e Estela demostráronnos que, malia o que diga o título, os libros son en realidade para todos os que queiran vivir grandes aventuras, ¡incluídos os osos máis lectores! Foi unha sesión que sacou máis dunha sonrisa a toda a clase.
Podedes ver un anaco da súa actuación no seguinte vídeo e descubrir que pasa cando un oso decide abrir un libro:
Noraboa, Andrea e Estela! Grazas por facernos pasar un rato tan divertido e por contaxiarnos o voso entusiasmo pola lectura.