domingo, 15 de marzo de 2026

Viaxeiras e valentes en 5º E: "Eleven Adventurous Ladies"

O pasado luns, 9 de marzo, continuamos coas actividades arredor do Día da Muller cunha visita moi especial na biblioteca. Tivemos o pracer de recibir á nai de Shaila e Daniel (5º  E), que se converteu en contacontos por un día para compartir con nós unha historia fascinante.

O libro elixido foi "Eleven Adventurous Ladies". A través das súas páxinas, percorremos as fazañas de mulleres intrépidas que se lanzaron a explorar o mundo, rompendo barreiras e demostrando que a aventura non ten xénero. Foi unha sesión inspiradora que nos ensinou a importancia de perseguir os nosos soños con valentía.

Non vos perdades o vídeo desta narración tan viaxeira e emocionante:

 
Moitas grazas por vir ao colexio e por traernos estas historias de mulleres tan extraordinarias!