O pasado luns, 2 de marzo, a maxia das historias inundou a nosa aula. Nesta ocasión, tivemos dous contacontos moi especiais: Tomás e Joao, alumnos de 3º D, que nos sorprenderon cunha versión do máis divertida e orixinal.
O conto elixido foi "Brancaneves e os 77 ananiños". Se xa era difícil coidar de sete, imaxinade o que pasou con 77! Foi unha xornada chea de risas e moito talento narrativo.
Premede no vídeo de abaixo para desfrutar dun pequeno anaco da súa actuación e ver que ben o fixeron estes dous grandes artistas:
Noraboa, Tomás e Joao, por achegarnos a lectura dun xeito tan xenial!