O pasado luns, 16 de marzo, a nosa biblioteca escolar volveu abrir as súas portas para unha nova sesión de contacontos. Nesta ocasión, a encargada de transportarnos ao mundo das historias foi Sara, de 2º, que nos agasallou cunha lectura chea de encanto.
Sara presentounos o libro "Adiós manoplas". Cunha voz clara e moita seguridade, foille dando vida a este conto que nos fala de cambios e de novas etapas, mantendo a toda a clase atenta a cada páxina. É un orgullo ver como os nosos lectores e lectoras máis novos se desenvolven tan ben neste espazo tan especial para todos.
Podedes desfrutar do vídeo da súa narración premendo na seguinte ligazón:
Moitas grazas, Sara, por compartir este momento con todos nós e por facelo con tanto agarimo!