domingo, 22 de marzo de 2026

Un martes de ritmo e rimas na biblioteca: "O galo traganoces"

O pasado martes, 17 de marzo, a nosa biblioteca encheuse coa maxia dos contos de sempre. Nesta ocasión, as encargadas de facernos desfrutar foron Ángela e Ariana, de 4º C, que nos trouxeron unha historia chea de repeticións e moito humor.

O libro elixido foi o clásico "O galo traganoces". Cunha narración moi coordinada e divertida, Ángela e Ariana foron debullando as aventuras deste galo tan larpeiro e de todos os personaxes que intentan axudalo. Foi unha sesión na que o alumnado estivo moi atento, seguindo o fío desta cadea de axuda tan especial.

Premede no vídeo para ver como Ángela e Ariana lle dan vida a este conto dende o noso recuncho de lectura:

Moitas grazas, Ángela e Ariana, por compartir este conto con todos nós e por facelo con tanta enerxía!