O pasado mércores, 4 de marzo, a nosa semana de contacontos continuou cunha historia chea de imaxinación. Nesta ocasión, as encargadas de darlle vida ao relato foron Cloe e Antía, de 2º A.
Presentáronnos o libro "Monstro Azul", outra fantástica obra de Eduardo Baamonde. Cun xeito de contar moi expresivo, Cloe e Antía axudáronnos a descubrir que as aparencias enganan e que todos levamos un mundo de sentimentos dentro.
Non vos perdades o vídeo desta sesión para ver como estas dúas artistas meteron a toda a clase no peto coas súas palabras:
Noraboa, Cloe e Antía! Grazas por enchernos o mércores de cor azul e de boa literatura.