domingo, 8 de marzo de 2026

Unha mensaxe especial en 5º C: "O carteiro que non sabía ler"

O maratón de contacontos do pasado martes, 3 de marzo, tamén contou coa participación das nosas compañeiras máis maiores. Antía, Sara e Noela, de 5º C, foron as encargadas de darlle vida a unha historia cargada de tenrura e aprendizaxe.

Presentáronnos o conto "O carteiro que non sabía ler", de Susana Peix. Cun gran dominio da escena e moita sensibilidade, as tres transportáronnos ao mundo deste carteiro tan particular, lembrándonos a importancia que teñen as palabras e a comunicación.

Podedes ver un pequeno fragmento da súa excelente narración no vídeo que vos deixamos a continuación:

Noraboa, Antía, Sara e Noela! Grazas por compartir este conto tan fermoso co resto do colexio.