domingo, 22 de marzo de 2026

Un venres de descubrimentos na biblioteca: "A caixa do tesouro" con 4º C

O pasado venres, 20 de marzo, pechamos a semana na nosa biblioteca cunha sesión chea de intriga e sorpresas. Os encargados de abrirnos o apetito pola aventura foron os nosos compañeiros e compañeiras de 4º C, que se achegaron ao noso recuncho favorito para compartir unha historia que nos fixo viaxar moi lonxe.

O libro elixido foi "A caixa do tesouro". Cunha lectura moi entusiasta e coordinada, o alumnado de 4º C foinos descubrindo que os mellores tesouros non sempre son de ouro e prata, senón que moitas veces están agochados nas cousas máis sinxelas... ¡e nas páxinas dos libros! Foi o broche de ouro perfecto para unha semana cargada de maxia literaria.

Premede no vídeo para descubrir que gardaba esta caixa tan especial e ver o ben que o fixeron os de cuarto:

Moitas grazas a 4º C por traernos este tesouro á biblioteca e por compartir a súa lectura con todos nós!