domingo, 22 de marzo de 2026

Un venres de inclusión na biblioteca: "Teño síndrome de Down"

O pasado venres, 20 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down, a nosa biblioteca escolar acolleu unha das sesións de contacontos máis emotivas e necesarias do curso. As encargadas de poñerlle voz e corazón a este encontro foron Yeilin (de 5º C) e Maddy (de 5º D).

Xuntas presentaron o libro "Teño síndrome de Down". Cunha lectura serena e moi próxima, Yeilin e Mddy axudáronnos a todos a comprender mellor que as diferenzas son precisamente o que nos fan únicos e especiais. Foi unha lección de respecto, amizade e aprendizaxe compartida que nos recordou que na nosa escola todos e todas temos un lugar importante.

Premede no vídeo para ver este momento tan especial protagonizado por Yeilin e Maddy:


Moitas grazas a Yeilin e Maddy por achegarse á biblioteca con esta historia tan valente e por axudarnos a construír un cole máis inclusivo cada día!