domingo, 15 de marzo de 2026

Unha visita moi especial: A artesá que deu vida a Tin e Tina

Esta semana recibimos na nosa biblioteca unha visita que nos facía moita ilusión: a persoa encargada de crear as nosas mascotas, Tin e Tina.

Foi un encontro fantástico onde o alumnado puido ver de preto como naceron estes personaxes. Tin e Tina non son debuxos, senón que son figuras feitas a man con fío, froito dun traballo artesanal cheo de paciencia e dedicación.

Poder coñecer á persoa que está detrás destas mascotas axudounos a valorar aínda máis aos compañeiros que nos acompañan cada día nas nosas lecturas.

Premede no vídeo para ver un pequeno resumo desta visita tan entrañable:

 

Moitas grazas por visitarnos e por crear con tanto fío e ilusión a Tin e a Tina!