lunes, 6 de abril de 2026

Un luns cheo de cores na biblioteca: "¿De qué color es un beso?"

O pasado luns, 24 de marzo, a nosa biblioteca escolar tinguiuse de mil cores grazas á visita de Elia e Antía, de 3º D. Estas dúas artistas da palabra achegáronse para resolvernos unha dúbida que todos tivemos algunha vez.

Presentáronnos o precioso libro "¿De qué color es un beso?". Cunha narración moi doce e chea de sensibilidade, Elia e Antía acompañáronnos na busca da cor perfecta para un bico: será vermello como a salsa de tomate, verde como os crocodilos ou se cadra amarelo como o sol? A súa lectura axudounos a poñerlle nome ás emocións de xeito moi divertido.

Premede no vídeo para descubrir de que cor son os bicos para Elia e Antía; podedes velo aquí debaixo:

Moitas grazas, Elia e Antía, por traer tanta dozura á biblioteca e por facer que o noso luns comezase coas mellores cores!