Hoxe, xoves 7 de maio, a entrada do noso centro loce máis fermosa que nunca grazas á creación do noso Maio escolar. Esta actividade foi o broche de ouro a días de traballo nos que participou absolutamente todo o alumnado, dende os máis pequenos ata os máis maiores.
A elaboración foi un verdadeiro exemplo de traballo en equipo e repartición de tarefas:
1º e 2º de Primaria: Os máis pequenos encargáronse de preparar con moito coidado as tradicionais cadenetas de pampillos.
3º e 4º de Primaria: Traballaron arreo ensartando as vistosas cadenetas de laranxas e limóns que lle dan ese colorido e recendo tan especial ao noso Maio.
5º e 6º de Primaria: Foron os encargados de preparar as cadenetas de ovos.
Alumnado de 6º: Ademais, os nosos veteranos tiveron o traballo extra de montar e dar forma a toda a estrutura, poñendo toda a súa dedicación para que quedase así de impoñente.
Unha vez rematada a montaxe, toda a comunidade educativa baixou á entrada para recibir á primavera como manda a tradición: uníndonos nunha soa voz para cantar "Aí vén o maio". Foi un momento emocionante ver o froito da colaboración de todos e todas presidindo a entrada do CEP Ventín.
Queres ver como foi o proceso e o resultado final? Non te perdas o vídeo e as fotos que recollen o esforzo e a alegría de todo o alumnado durante o día de hoxe:




.jpeg)