jueves, 21 de mayo de 2026

Talento propio na biblioteca: Iker e Alex preséntannos "A lenda de Tin 2"

O pasado venres, 8 de maio, vivimos unha das sesións máis especiais e agardadas do mes na nosa biblioteca. Non só tivemos contacontos, senón que fomos testemuñas do nacemento de auténticos escritores e creadores. Iker (3º E) e Alex (5º E) uniron as súas forzas e o seu enxeño para presentarnos unha obra de autocreación: "A lenda de Tin 2".

Escrita e ideada por eles mesmos, esta historia fálanos de novas e emocionantes aventuras da nosa querida mascota. Ver a dous alumnos de diferentes cursos colaborar con tanto entusiasmo e dedicación para dar vida a un texto propio foi un auténtico luxo para todo o público asistente.

Iker e Alex non só demostraron unha imaxinación desbordante, senón tamén un gran desparpajo á hora de ler e compartir o seu propio libro co resto dos compañeiros e compañeiras. ¡A biblioteca de Ventín ten a canteira de autores asegurada!

Queres descubrir que novas aventuras lle agardan á nosa mascota? Non te perdas o vídeo da lectura en primicia que nos ofreceron Iker e Alex:

Parabéns, Iker e Alex! Grazas por regalarnos a vosa creatividade e por inspirarnos a todos e todas a coller o lapis e inventar novas historias. Sodes uns artistas!