sábado, 23 de mayo de 2026

Homenaxe ás nosas Letras: Sophie e Aroa preséntannos "Begoñísima"

No marco das celebracións da Semana das Letras Galegas, a nosa biblioteca tivo o luxo de acoller unha sesión de lectura cargada de orgullo e compromiso coa nosa lingua. Sophie e Aroa, de 6º A, foron as encargadas de achegarnos á figura de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano no noso centro, a través da lectura de "Begoñísima".

Cunha soltura e unha madurez propias do alumnado de sexto, as dúas compañeiras compartiron con todos nós esta obra que pon en valor o legado, a forza e a sensibilidade de Begoña Caamaño. Coa súa lectura, Sophie e Aroa non só demostraron o ben que len, senón que contaxiaron a todo o público o respecto e o agarimo pola nosa literatura e polas mulleres que fixeron historia nas nosas letras.

Unha lección de literatura e de orgullo cultural que se converteu nun dos momentos máis emotivos desta semana tan especial no noso colexio.

Queres revivir esta fantástica homenaxe literaria? Non te perdas o vídeo da lectura de Sophie e Aroa:

Moitas grazas, Sophie e Aroa, por achegarnos con tanto acerto á figura de Begoña Caamaño e por facernos desfrutar así das nosas Letras Galegas! Sodes unhas grandes embaixadoras da nosa lingua!