O pasado luns, 11 de maio, a nosa biblioteca tivo o pracer de escoitar unha historia chea de sensibilidade. Sara, de 2º D, foi a encargada de poñerlle voz ao libro "Alma", da autora Sandra Carmona.
Cunha lectura moi coidada e doce, Sara transportounos ás páxinas desta obra que nos fála de sentimentos, de conexión co que nos rodea e de atopar a nosa propia esencia. A nosa lectora de segundo demostrou unha gran madurez e moito xeito á hora de transmitir a tenrura que desprende este fermoso conto.
Foi un momento máxico que deixou a todo o público encantado coa elegancia e o agarimo que Sara lle puxo a cada palabra.
Queres deixarte levar pola dozura desta historia? Aquí tes o vídeo da fantástica lectura que nos ofreceu Sara para comezar a semana:
Moitas grazas, Sara, por agasallarnos con este momento tan bonito e por ler tan sumamente ben. Fixéstelo de dez!