domingo, 8 de marzo de 2026

Unha merenda de contos en 2º B: "Tanta miga e a súa barriga"

O maratón de lectura non para! O pasado martes, 3 de marzo, tamén tivemos o pracer de escoitar a Nuria e Emma, de 2º B, que nos presentaron unha historia moi saborosa e divertida.

O conto elixido foi "Tanta miga e a súa barriga", de Eduardo Baamonde. Nuria e Emma fixeron un traballo fantástico contándonos as peripecias deste personaxe tan larpeiro, logrando que toda a clase estivese pendente de cada bocado da historia.

Dalle ao "play" para ver o vídeo deste contacontos tan orixinal e descubrir que pasou coa barriga de Tanta miga:

Gran traballo, Nuria e Emma! Grazas por facernos pasar un rato tan entretido e lambón.