martes, 11 de octubre de 2016

XA ESTÁ ABERTA A BIBLIOTECA DO COLE



A biblioteca do cole abre as súas portas o 10 de outubro para todos os nenos e nenas que o desexen.

Animádevos a visitala!
 
 A continuación poñemos algunha información que debedes ter en conta sobre a biblio.

  • Nos recreos pódese ir todos os días á biblioteca, para ler, empregar os ordenadores....
    • A entrada e saída na hora do recreo farase pola porta do patio.
    • O aforo máximo no recreo será de 35 alumnos.
    • Na biblioteca non se pode comer nin beber, merendaremos no patio e despois entraremos.               

  •   Os luns, martes, mércores e venres, no recreo, haberá emprésito e devolución de libros. Ollo! para facelo é preciso que saibades o voso número de usuario da biblioteca. Lembrade tamén que se poden levar un máximo de 2 libros ou un libro e unha película. O emprésito de libros será de 15 días como máximo e o de pelis un día.