Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Ventín un país de conto". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Ventín un país de conto". Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2019

AS NOSAS INVESTIGACIÓNS NA PRENSA

A clase de 4º B recibiu esta semana a visita de Xulio Pardo, mestre da Universidade da Coruña, que ten traballado sobre o tema escollido polos nosos rapaces dentro do proxecto de centro: a relación entre a lenda arousana de "Mariña" con outras lendas europeas, do que vos falamos aquí fai uns días.
Unha maneira xenial de poñerlle final á actividade!

A Voz de Galicia tamén estivo alí para documentar o momento do encontro. Picade na imaxe para ler a nova.



martes, 18 de junio de 2019

ACTIVIDADES DE 4º A

A piques xa de rematar, seguimos compartindo actividades que mostran o moito e diverso que levamos traballado ao longo do curso.
4º A preséntanos tarefas realizadas en relación con diferentes temas.

Ademais de para dar a coñecer o traballo, agardamos que algunhas delas vos poidan servir como recurso.

Vídeos en relación co Día do Libro 2019






En relación coa celebración das Letras Galegas, adicadas a Antonio Fraguas





E para rematar, traballos relacionados coa historia "Brave", escollida dentro do proxecto de centro.




martes, 11 de junio de 2019

DE SÁLVORA A COPENHAGUE


Nestes últimos días do curso, adoitamos mirar atrás para lembrar canto aprendemos.
Aquí está o resumo feito por 4º B do seu traballo en relación co proxecto de centro, "Ventín, un país de contos".

Eles escolleron o conto de "A Sereíña", de Andersen.

Premede na súa imaxe para velo, picade en "iniciar presentación", e premede na tecla "enter" para avanzar e ver todo.



Sen dúbida, ben interesante!


lunes, 10 de junio de 2019

3º D E O SEU PROXECTO LECTOR


En 3º D, este curso, afondamos nos nosos medos a través do proxecto lector, por iso eleximos un marabilloso conto chamado Flis-Fli-Ris-Ras.
A través del, Martiño viaxa ao fondo do mar para vencer o medo contra a escuridade. 
A nós ocurríusenos crear un "comemedos" para botar nel os nosos medos e tratar de vencelos.
Por iso, cando temos agún problema, berramos: 
"Flis-Fli-Ris-Ras!"

Este é o noso "comemedos". Se algún medo te inquieta, venlle facer unha visita!

Aquí podedes ver que bonito quedou o noso corredor, decorado segundo este libro co que traballamos.





viernes, 4 de mayo de 2018

SOLUCIÓNS A "XOGAS CON NÓS?"

Aquí tedes os resultados dos problemiñas que nos deixaron as nosas personaxes de conto.

O certo é que elas xa comprobaron as vosas solucións, e fixéstelo moi ben!!!

Agás algún pequeno despiste, case todos destes coas solucións correctas. Agoraa sabemos que a próxima vez o podemos poñer un pouco máis difícil!

Noraboa a todos os que o fixestes ben, e os que non, só tedes que poñer unha chisca máis de atención a próxima vez.


viernes, 20 de abril de 2018

XOGAS CON NÓS?

Rapaces, as personaxes dos contos que andan polos corredores do cole quérenvos poñer a proba.

Deixáronnos uns xogos matemáticos para que poñades en marcha a vosa cabeciña.

Seredes quen de resolvelos? Mirade cales son as do voso curso e adiante!

O venres 4 de maio, estarán as solucións aquí no blog e poderedes comprobar que tal o fixestes.








jueves, 15 de febrero de 2018

VENTÍN SEN MEDO

Dentro do proxecto "Ventín, un país de conto", os compañeiros de 3º C están traballando sobre o conto "Juan sin miedo".
Baseándose no mesmo, crearon entre todos esta divertida historia que titularon "Ventín sen medo". 
Aquí nola deixan.

viernes, 15 de diciembre de 2017

UNHA ÁRBORE DE CONTO


Xa temos aquí o Nadal, e non podiamos deixar de decorar o cole para darlle a benvida.
Este curso, o noso proxecto leva por título
"Ventín, un país de contos"
e decidimos construír esta fermosa árbore en relación co mesmo, formándoa con un debuxo de cada un dos contos escollidos para traballar.


Quedou xenial! Vaia artistas temos!