Mostrando entradas con la etiqueta proposta de actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proposta de actividades. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2020

DESFRUTA DO RURAL: RESOLUCIÓN DO CONCURSO


Que gusto traervos novas coma esta!

Lembrades o concurso "Desfruta do rural" no que vos propuxemos participar desde aquí?
Pois houbo gañadoras do noso cole!

Elas son Suevia, de 2º C; Celtia, de 5º C, e unha vez máis, Mencía, de 4º B!

En hora boa ás tres!!!

Premendo aquí, podedes ver os seus fantásticos vídeos e as categorías nas que obtiveron premio.


miércoles, 10 de junio de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Este xogo chegou á súa fin!

Despedímonos de vós coa solución ao derradeiro misterio e cos resultados:




O curso no que máis investigadores conseguiron resolver os misterios foi... 3º!

En segundo lugar quedaron os investigadores de 6º, e no terceiro posto, os de 4º.

Aínda así, houbo moitos participantes doutros cursos que o fixeron moi ben e conseguiron resolver a maioría dos misterios propostos.

Agradecémosvos a todos os que xogastes con nós a vosa participación e agardamos que o pasarades ben coa actividade!

Ata a próxima!!!