Mostrando entradas con la etiqueta educación física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación física. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA


O alumnado dos niveis 1º e 2º pode acceder aquí abaixo a algunhas actividades desta área.



Ademais, tendo en conta que o ideal son as actividades prácticas, dixámoslles estas outras suxerencias. 
Son válidas para o alumnado de todos os niveis, e case todas para pequenos e maiores.
Agardamos que vos axuden a pasar máis dun bo momento en familia no transcurso desta situación de recollemento na que nos atopamos.







lunes, 23 de septiembre de 2019

PISTAS DE SQUASH NO NOSO COLE!

A Federación Galega de Squash tróuxonos hoxe dúas pistas inchables que estiveron no cole durante toda a mañá.
Deste xeito, o noso alumnado achegouse a este deporte, para algúns descoñecido, descubrindo así unha actividade máis coa que ocupar o seu tempo de lecer.


Dende aquí dámoslles moitas grazas pola súa visita.


viernes, 12 de abril de 2019

XOGAMOS AO BÉISBOL!




Que ben o pasamos xogando ao béisbol na clase de educación física!

Esta semana tivemos con nós ao adestrador e a varios xogadores e xogadoras do equipo de Os Tilos.
Déronnos unhas clases fantásticas, ensinándonos en que consiste este deporte, sen esquecer os valores do compañeirismo e a deportividade.

Dámoslles as grazas por pasar estes días connosco!

Podedes ver algunhas fotos das clases picando aquí.


miércoles, 10 de octubre de 2018

XOGAMOS AO WATERPOLO?

A semana pasada tivemos a sorte de coñecer un pouco máis un deporte tan divertido como é o waterpolo.
Foi da man de Xabier, o adestrador do Club Waterpolo Santiago, e de Cecilia, unha das súas xogadoras, que visitaron o noso cole.


Grazas a eles, puidemos ver o material que se emprega, saber que categorías hai, canto dura un partido, coñecer un pouco o reglamento e preguntar todo o que queriamos saber. 



Quedamos encantados de que estiveran con nós.
De parte do alumnado e das súas profes,
moitas grazas!