Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Mulleres na historia". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Mulleres na historia". Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Este xogo chegou á súa fin!

Despedímonos de vós coa solución ao derradeiro misterio e cos resultados:




O curso no que máis investigadores conseguiron resolver os misterios foi... 3º!

En segundo lugar quedaron os investigadores de 6º, e no terceiro posto, os de 4º.

Aínda así, houbo moitos participantes doutros cursos que o fixeron moi ben e conseguiron resolver a maioría dos misterios propostos.

Agradecémosvos a todos os que xogastes con nós a vosa participación e agardamos que o pasarades ben coa actividade!

Ata a próxima!!!


miércoles, 27 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Un novo misterio está xa aquí!

E atención, porque os investigadores de 3º seguen á cabeza en número de respostas acertadas.
Non vos despistedes os demais cursos!


Xa lestes as pistas? Entón, buscade entre estas de aquí abaixo á muller misteriosa.





E coma sempre, aquí está a solución ao misterio da semana pasada.


Fixádevos en que unha das instrucións do xogo é que busquedes á muller agochada entre as opcións que vos damos no Symbaloo.
Esta semana, varios investigadores enviastes o nome dunha muller que non aparece alí.

Non as puidemos dar por válidas por iso, e porque, aínda que esas mulleres que nomeastes xogaron un importante papel na chegada do home á Lúa, non cumprían todas as condicións indicadas nas pistas.


miércoles, 20 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Investigadores, tedes aquí un novo misterio que resolver!

Estades facendo un moi bo traballo, e ímosvos adiantar que
os que máis acertaron por agora foron...
os investigadores de 3º!

Parabéns para eles!!!

Animádevos a participar!  Quen será esta muller?





Mirade as pistas detrás dos interrogantes, buscádea entre todas estas e escribide a solución máis abaixo.




E aquí vos deixamos a solución da muller misteriosa da semana pasada.



miércoles, 13 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Novo reto para os nosos xeniais investigadores!
A por el!

Queredes xogar e aínda non sabedes como? Premede aquí.

E máis abaixo, a solución ao misterio da semana pasada.










miércoles, 6 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Que bos investigadores temos no cole!
Fostes moitos os que descubristes á muller misteriosa do xoves.
Hoxe traémosvos a solución, premede nela para vela.

E máis abaixo está a nosa muller misteriosa de hoxe!



Por se alguén se despistou, lembramos que o xogo consiste en averiguar quen é a muller agochada.
Lede as pistas que hai detrás das interrogacións. Logo baixade un pouquiño e buscádea entre as mulleres que vos presentamos.

Para buscar máis fácilmente, fixádevos ben na pista que di se está relacionada co mundo do deporte, das artes, das ciencias ou da política e sociedade.

Non esquezades enviarnos a solución!





jueves, 30 de abril de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Iniciamos novo xogo!

Está relacionado co  proxecto de centro deste curso, "Mulleres na historia", co que lle queremos dar recoñecemento a esas mulleres que non o tiveron no seu momento.

Podedes participar todos, ainda que os máis pequenos precisaredes algo de axuda.

Trátase de descubrir quen é a muller agochada. 

Lede as pistas detrás das interrogacións, fixándovos en se destacou no mundo do deporte, das artes, das ciencias, ou da política e sociedade, e logo buscádea máis abaixo.

Cando a atopedes, escribide a solución e enviádenola.

Seredes vos detectives? Comprobádeo!

O próximo mércores, daremos a solución e presentaremos á seguinte muller misteriosa.





jueves, 28 de noviembre de 2019

MULLERES DEPORTISTAS


Xa temos por aquí unha mostra do traballo en relación con noso proxecto deste ano: Mulleres na historia.

É este fantástico vídeo sobre mulleres deportistas elaborado pola clase de 3º B.

Premede na imaxe e non quededes sen velo!




lunes, 14 de octubre de 2019

O NOSO PROXECTO ADICADO Á MULLER


O noso proxecto integrado de centro deste curso leva por título...

"Mulleres na historia"

A través del, queremos mencionar a científicas, inventoras, deportistas, artistas, etc. xa que as súas aportacións e logros foron enormes.

Isto non significa que consideremos as súas consecucións mellores cas dos homes, se non que se trata de facer fincapé na igualdade, e de darlles ás mulleres o recoñecemento que se merecen, e que a moitas delas non se lles deu na súa época.

Aínda que hai moitas máis, aquí presentámosvos a algunhas, non só de momentos pasados na historia, tamén da actualidade: