Máis alá da biblioteca, o amor polos libros nace cada día dentro das nosas aulas. Esta semana, os alumnos e alumnas de diferentes cursos convertéronse en auténticos críticos literarios para recomendarnos os seus títulos favoritos, eses que nos fixeron rir, pensar ou viaxar sen movernos do sitio.
Queredes saber o que acontece no noso cole? Mirade por esta xanela e poderédelo ver. Benvidos ao blog do CEP de Ventín!
domingo, 22 de marzo de 2026
domingo, 15 de marzo de 2026
Recomendacións lectoras
A pasada semana, as nosas aulas e corredores convertéronse nun auténtico escenario. Alumnos e alumnas de diferentes cursos compartiron con todos nós as súas recomendacións lectoras a través duns vídeos moi especiais.
Desde os máis pequenos de 1º ata os grupos de 6º de Primaria, todos e todas traballaron con moita ilusión para explicarnos por que os libros que escolleron valen a pena. Non hai mellor xeito de descubrir unha nova historia que escoitando a opinión dun compañeiro ou compañeira!
Dalle ao "play" para ver as súas recomendacións e deixa que os nosos relatores e relatoras te guíen na túa vindeira aventura literaria:
Moitas grazas a todos os participantes por contaxiarnos as ganas de ler e por facelo tan ben diante da cámara!jueves, 19 de febrero de 2026
Día da Muller na Ciencia
Dende o equipo de biblioteca nos realizan as seguintes recomendacións lectoras co gallo do Día da Muller na Ciencia
jueves, 20 de febrero de 2025
Máis recomendacións lectoras
As nenas e nenos de 2º D seguen a deleitarnos cos seus libros preferidos. Ollade as recomendacións lectoras que nos envían...
viernes, 14 de febrero de 2025
Recomendacións lectoras 2º D
Velaquí as recomendacións lectoras dos cativos e cativas de 2º D. Animádevos a ler algunhas das súas propostas!