Mostrando entradas con la etiqueta curso19/20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso19/20. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de marzo de 2021

TIN PRESÉNTANOS... O CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA!

A biblioteca do cole e o equipo de dinamización da lingua galega, convocan este certame de poesía que nos presenta Tin, para todo o alumnado.

Premede na imaxe para poder ler mellor.



viernes, 17 de julio de 2020

RESUMO DO CALENDARIO ESCOLAR 2020 / 2021



(Publicado no DOG núm. 136, de 9 de xullo de 2020)

CLASES

-       Inicio das clases: 10 de setembro de 2020.

-       Finalización: 22 de xuño de 2021.



PERÍODOS DE VACACIÓNS

-       Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

-       Entroido: días 15, 16 e 17 de febrero de 2021.

-       Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.



DÍAS NON LECTIVOS

-       7 de decembro de 2020.


lunes, 6 de julio de 2020

viernes, 3 de julio de 2020

VALES DE ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL


A partir do luns 6 de xullo xa se poden recoller os vales de axuda para adquisición de libros de texto e material escolar.

(O alumnado que comeza primeiro nivel no vindeiro curso 2020-2021, ten que formalizar a súa matrícula.)


miércoles, 1 de julio de 2020

FELIZ VERÁN!


Chegamos ao remate deste curso tan diferente, e queremos, sen máis, desexarvos que pasedes unhas boas e merecidas vacacións.

Desfrutade moito cada día, e ata o vindeiro curso!


LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021







martes, 23 de junio de 2020

DESFRUTA DO RURAL: RESOLUCIÓN DO CONCURSO


Que gusto traervos novas coma esta!

Lembrades o concurso "Desfruta do rural" no que vos propuxemos participar desde aquí?
Pois houbo gañadoras do noso cole!

Elas son Suevia, de 2º C; Celtia, de 5º C, e unha vez máis, Mencía, de 4º B!

En hora boa ás tres!!!

Premendo aquí, podedes ver os seus fantásticos vídeos e as categorías nas que obtiveron premio.


viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6º



3º DESPIDE O CURSO


As titoras e nen@s de terceiro queren despedir o curso con este video de agradecemento a todos e cada un dos alumn@s e familias polo seu gran traballo neste curso tan especial e por resisitir como campións nesta corentena. Volveremos máis fortes e unidos. Grazas, grazas e grazas!

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepdeventin/aulavirtual2/file.php/1/varios_1920/3%C2%BA_fin_de_curso



Deixámosvos ademais aquí as recomendacións para o verán para o 3º nivel.


DIVERTÍDEVOS COAS PROPOSTAS DA BIBLIO E DOS COMPAÑEIROS DE 6º


Coma cada curso, aquí están as recomendacións lectoras para o verán.






Ademais, as compañeiras e compañeiros de 6º A anímanvos a ser escritores e escritoras e a crear os vosos propios minilibros.

Para conseguilo, déixanvos uns titoriais para aprender 
como se fai un minilibro aquí e aquí 
e este vídeo cos libros que eles fixeron durante o confinamento.




Se vos animades a crear os vosos propios libros, gardádeos ben, e en setembro, traédeos á biblioteca para poder fotografalos e colgalos na páxina web.


Non deixedes de ver tamén estoutro vídeo que elaboraron para vós algúns dos compañeiros de 6º E.
Nel recoméndanvos unhas cantas películas coas que de seguro vos poderedes divertir e entreter.





Grazas polas vosas propostas!


jueves, 18 de junio de 2020

INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO MATERIAL DO ALUMNADO


RECOLLIDA DO MATERIAL QUE QUEDOU NAS AULAS

Alumnado de 1º, 3º e 5º: non ten que recoller nada. Queda na mesma aula para o vindeiro curso.

Alumnado de 2º e 4º: pode vir a recollelo a partir do día 23, vindeiro martes, en horario de 9:00 a 14:00 h. 
As familias de 4º, poden aproveitar para devolver os libros de texto que teña o alumnado nas súas casas.


DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: ten que devolver os libros de texto do fondo solidario tamén a partir do día 23. É imprescindible a devolución destes libros para que poidan acceder ás axudas ás que poideran ter dereito.
Poden facer doazón ao centro daqueles libros propios para que poidan ser empregados por outro alumnado.


DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES

O alumnado que está utilizando ordenadores do centro ten que proceder á súa devolución antes do día 30 de xuño.


Grazas!


AVISO PARA AS FAMILIAS DE NOVA MATRÍCULA NO COLEXIO


Informámoslles de que
o alumnado proveniente da Escola de Infantil do Milladoiro e as novas incorporacións,
deben entregar no colexio
o Impreso de Formalización de Matrícula 
entre os días 1 e 10 de xullo.


miércoles, 17 de junio de 2020

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS CON MOTIVO DO CONFINAMENTO


A situación de confinamento que vivimos este curso, obligounos a cambiar o xeito de dar clase, e con isto, a modificar as programacións realizadas nun principio.

Estas programacións adaptadas, deixámolas aquí á súa disposición para a súa consulta.


1º nivel                     2º nivel                    3º nivel

4º nivel                     5º nivel                    6º nivel