Mostrando entradas con la etiqueta curso 20/21. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 20/21. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO 2021

Hoxe poñémoslle fin a un curso máis.

Un curso que empezou non sen certo temor pola situación vivida.

Un curso con dificultades que fomos superando con afán e perseveranza.

Un curso no que os nosos pequenos e pequenas se esforzaron en cada momento por manter alonxado ese virus que aínda nos ameaza.

Hoxe celebramos que remata, co noso festival virtual, preparado con gran ilusión para todos vós!

Agardamos que vos guste!!!



Feliz verán!!!


lunes, 14 de junio de 2021

MAQUETAS DA PREHISTORIA EN 4º A

 O alumnado de 4º A estivo aprendendo moitas cousas sobre a prehistoria e fixo diferentes traballos en PowerPoint, cartolina e estas fantásticas maquetas!












Agardamos que vos gusten moito, foi un traballo moi interesante e aprenderon moito sobre os nosos antepasados.

Grazas por compartilas con nós!


jueves, 3 de junio de 2021

ENTREGA DE PREMIOS

 Xa hai uns días que felicitamos aquí a Carolina, de 3º A, por ser premiada no Certame de Microrrelato CSIF-ENSINO Letras Galegas.

Hoxe presentámosvos o seu relato para que todos poidades desfrutar del, e deixámosvos as fotos da entrega do premio.

De novo, parabéns polo teu estupendo traballo, Carolina!





miércoles, 26 de mayo de 2021

3º A, 4º C E XELA ARIAS

As aulas de 3º A e 4º C, presentáronse a un concurso de podcasts sobre Xela Arias.

Querédelo escoitar? Aquí volo deixamos!



viernes, 21 de mayo de 2021

BOLBORETA

 Hoxe felicitamos a Carolina, de 3º A, polo seu premio obtido neste certame de microrrelatos!

Ela participou creando un texto que titulou "Darío a diario", e acadou con el o 1º premio na categoría de Educación Primaria.

Parabéns, Carolina!


miércoles, 19 de mayo de 2021

TODOS OS BEBÉS SON TU

 Como peche da semana das Letras Galegas, deixámosvos este vídeo preparado polo alumnado de 1º A e 1º E, que está inspirado no libro dos Bolechas "Todos os bebés son tu", dedicado a Xela Arias.


martes, 18 de mayo de 2021

MÁIS MAIOS 2021

O alumnado de 5º D elaborou uns pequenos maios e cantou unhas coplas feitas por eles.
Dáselles moi ben!!!



Tamén os nenos e nenas de 1º B queren compartir con nós as súas coplas, que cantan así de ben!




miércoles, 12 de mayo de 2021

O NOSO MAIO 2021



O mes de maio é un mes de celebracións!
Como non nos quixemos esquencer dos Maios, e aquí vos mostramos os noso, que está ben acompañado por outros máis pequenos pero igual de bonitos, elaborados por algúns compañeiros.
Grazas por compartilos!

jueves, 6 de mayo de 2021

BOOKTUBERS DE 5º C

Novas recomendacións dos Booktubers!

Premede nos seus nomes para velas.


miércoles, 5 de mayo de 2021

AS AVENTURAS DO AVÓ OLIVER E PIPO

Velaquí o derradeiro dos contos, ilustrado por 3º A e narrado por 6º C.

Agardamos que vos guste!


martes, 4 de mayo de 2021

XOAN, UN NENO AVENTUREIRO

Aquí vos deixamos outro conto preparado con motivo do 

Día do Libro,

narrado por 6º D e ilustrado por 2º D!



miércoles, 28 de abril de 2021

MÁIS RECOMENDACIÓNS DOS NOSOS BOOKTUBERS

Hoxe son os Booktubers de 5º B os que nos traen as súas recomendacións lectoras.

Non deixedes de velas!



PERDIDOS NO BOSQUE

 Xa temos aquí o primeiro dos contos

preparados con motivo do Día do Libro,

escrito por 4º B e ilustrado por 1º C.



lunes, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO EN 5º D

 Aquí vos presentamos as recomendacións dos

booktubers de 5º D.

Agardamos que vos gusten!




viernes, 23 de abril de 2021

CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA: O RESULTADO

Resultounos moi difícil a elección porque todas eran boísimas, pero... xa temos aquí as poesías gañadoras do Certame de Poesía de Primavera!

Parabéns e grazas a todas e todos pola vosa participación!












A vindeira semana continuaremos celebrando o mes do libro.

Prestade moita atención porque iremos subindo contos escritos e ilustrados por algúns dos vosos compañeiros e compañeiras.


lunes, 19 de abril de 2021

15 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA ARTE

Premede na imaxe e mirade que artistas temos en 5º de primaria...


A arte é, sobre todo, un estado da alma.
                                                                       Pablo Picasso

Moitas grazas a todos os participantes!

 

viernes, 9 de abril de 2021

O MES DO LIBRO CHEGOU!

 Xa estamos de novo en abril, o mes do libro,

logo teremos novas da biblioteca!



miércoles, 7 de abril de 2021

ESCAPE ROOM DA MULLER

Queredes saber como foi a nosa celebración do Día Internacional da Muller?

 Aquí vos deixamos o vídeo resumo.




miércoles, 10 de marzo de 2021

O RAP DE ROSALÍA

 Continuando cos poemas de Rosalía de Castro,

o alumnado de 5º A, rapea "Xan".

Agardamos que vos guste!



martes, 9 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como exemplo do traballo levado a cabo este 8 de marzo, estas imaxes que representan o sentir do noso alumnado e de toda a nosa comunidade educativa.
 
 
5º de primaria pola igualdade

 
 
 
 6º E simboliza que as mulleres son BIOCREATIVAS!