Como peche da semana das Letras Galegas, deixámosvos este vídeo preparado polo alumnado de 1º A e 1º E, que está inspirado no libro dos Bolechas "Todos os bebés son tu", dedicado a Xela Arias.
Queredes saber o que acontece no noso cole? Mirade por esta xanela e poderédelo ver. Benvidos ao blog do CEP de Ventín!
miércoles, 19 de mayo de 2021
martes, 18 de mayo de 2021
MÁIS MAIOS 2021
Tamén os nenos e nenas de 1º B queren compartir con nós as súas coplas, que cantan así de ben!
viernes, 23 de abril de 2021
CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA: O RESULTADO
Resultounos moi difícil a elección porque todas eran boísimas, pero... xa temos aquí as poesías gañadoras do Certame de Poesía de Primavera!
Parabéns e grazas a todas e todos pola vosa participación!
A vindeira semana continuaremos celebrando o mes do libro.
Prestade moita atención porque iremos subindo contos escritos e ilustrados por algúns dos vosos compañeiros e compañeiras.
jueves, 18 de marzo de 2021
TIN PRESÉNTANOS... O CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA!
A biblioteca do cole e o equipo de dinamización da lingua galega, convocan este certame de poesía que nos presenta Tin, para todo o alumnado.
Premede na imaxe para poder ler mellor.
miércoles, 10 de marzo de 2021
O RAP DE ROSALÍA
Continuando cos poemas de Rosalía de Castro,
o alumnado de 5º A, rapea "Xan".
Agardamos que vos guste!
martes, 2 de marzo de 2021
"AIRIÑOS AIRES"
Recitando este poema de Rosalía, Luana, de 3º C.
viernes, 26 de febrero de 2021
RECITANDO "MIÑA SANTIÑA" E "HASLLE CANTAR"
Celtia e Suevia, de 6º C e de 3º C,
recitan cadanseu poema de Rosalía.
"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"
Juan Enrique, Enzo, Lucas, Valentina, Nuno e David,
de 1º B, recitan esta poesía.
jueves, 25 de febrero de 2021
"CANTARES GALEGOS"
miércoles, 24 de febrero de 2021
"FOLLAS NOVAS"
lunes, 22 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA 2021
Tin, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, faivos unha proposta para o Día de Rosalía.
viernes, 5 de febrero de 2021
BENVIDO, MECO!
Está claro que ao Meco non hai quen o deteña!
Xa está aquí co seu mandado para o luns.
Lede con atención!
viernes, 29 de enero de 2021
DEBUXANDO LEMAS POLA PAZ
Fai uns días que lle pedimos ao noso alumnado a súa colaboración para escoller o noso Lema pola Paz 2021.
Pois aquí temos o resultado da votación, este é o lema escollido!
viernes, 15 de enero de 2021
O NOSO LEMA POLA PAZ 2021
martes, 22 de diciembre de 2020
OS MELLORES DESEXOS DESDE O CEP DE VENTíN
Desde o EDLG queremos agradecer ao profesorado e alumnado de 1º e 2º a súa participación no "Certame de Postais de Nadal".
Foi un éxito e todas e cada unha delas son preciosas e están debuxadas con moito agarimo.
Presentamos as finalistas e a gañadora coa que felicitaremos as festas ás familias.
Moitas grazas.
En primeiro lugar, temos catro finalistas:

A postal de Diana, de 1º A
A de Cristina, de 2º C
Desde a Comunidade Educativa de Ventín,
queremos desexarlles un Nadal cheo de saúde, amor e esperanza.
Bo Nadal e feliz 2021
viernes, 6 de noviembre de 2020
CERTAME DE CONTOS DE MEDO 2020
Grazas a todo o alumnado pola vosa participación no certame de contos que organizamos no cole con motivo do Samagosto.
Todos os contos están fenomenal e pasamos moito medo!!!
Pero coma sempre, aínda que todos mereceriades un premio, tivemos que escoller.
Aquí están as gañadoras e gañadores:
"A familia máis terrorífica", do grupo de 1º C
"Os coellos embruxados", de Clara S. de 2º D
"Eu coñecín un trasno", de Mara G. de 3º B
"A bruxa mollada", de Pedro B. de 4º C
"Unha misión complicada", de Gael R. de 5º D
"A peor noite", de Alicia L. de 6º A
viernes, 30 de octubre de 2020
UN SAMAGOSTO... DE MEDO!
Como dixemos hai uns días, o Samagosto tróuxonos diferentes actividades.
Entre elas, o concurso de debuxo das castañas e das cabazas terroríficas.
Moito coidado ao entrar nas aulas, que andan por aí expostas e podedes levar un bo susto!
Podédelas ver todas neste vídeo.
Ademais, hoxe presentamos aquí os debuxos premiados!
Noraboa aos seus autores e autoras!
Mirade que ben lles quedaron, e non perdades o que ven máis abaixo.
martes, 27 de octubre de 2020
SAMAGOSTO 2020
Alguén pensou que este ano iamos quedar sen o noso tradicional Samagosto?
Diso nada! Aquí chega coma sempre, cargado de acontecementos.












