Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2019

LES PIÈCES DE LA MAISON


Dende o departamento de francés chega este xogo, que leva por nome
  "Les pièces de la maison".

Seguro que xa sabedes o que ides aprender ou repasar con el!

Picade na imaxe e a divertirse!



lunes, 18 de marzo de 2019

LA MAISON


Hoxe traémosvos este vídeo grazas ao que poderedes aprender vocabulario en francés sobre a casa.


lunes, 11 de febrero de 2019

O ENTROIDO E MÁIS COUSAS EN FRANCÉS


Estas semanas imos traballar con este material sobre o colexio.
Escoita, relaciona e asocia, xa verás que fácil é!

"La chanson de l'école"


Actividades diversas.




E agora que imos para o Entroido, sabes cal é a súa orixe?




jueves, 31 de enero de 2019

XOGANDO E CANTANDO EN FRANCÉS


Que fácil é aprender vocabulario con xogos e cancións!


En primeiro lugar, deixámosvos esta canción titulada "Jean Petit qui danse" para aprender as partes do corpo.




E aquí tedes tres divertidísimos xogos cos que aprender vocabulario diverso.




martes, 29 de enero de 2019

A PAZ

Como puidestes ver, levamos xa un tempiño traballando sobre a paz. 
Xa tiñamos o noso lema... e agora temos tamén a nosa canción!

Trátase da adaptación dunha versión de Roupa Nova da canción "Heal the World" de Michael Jackson.

                         



Aquí abaixo tedes a canción con pictogramas.

jueves, 24 de enero de 2019

EN FRANCÉS, LA PAIX


Seguindo co tema da paz, dende a área de francés presentámosvos esta canción de Kids United.


"On écrit sur les murs" , Kids United

jueves, 22 de noviembre de 2018

VIOLENCIA DE XÉNERO E INTERNET

En relación coa conmemoración do día contra a violencia de xénero que vai ter lugar, deixámosvos este vídeo sobre a violencia en relación coa utilización das redes sociais.


miércoles, 21 de noviembre de 2018

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

Xa comezamos a preparar o Nadal na clase de francés!
Mirade que fermosa canción!

"Noël, que du bonheur", Ilona Mitrecey.

Queredes saber algo das tradicións que seguen os franceses no Nadal? 
Picade aquí e descubrídeo.


miércoles, 14 de noviembre de 2018

A PORTA VIOLETA

O 25 de novembro está próximo, e no cole imos manifestar o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. 

Para ir comezando, os nenos de 4º A tráennos unha nova canción con pictogramas. Trátase de "La puerta violeta" de Rozalén.
Elaboraron para ela dous vídeos xeniais que vos presentamos a continuación.






Tamén queren compartir connosco esta fermosa versión da canción en linguaxe de signos.


martes, 30 de octubre de 2018

SAMAÍN EN PICTOGRAMAS

Os nenos e nenas de 4º A, xunto coa súa titora, elaboraron este vídeo con pictogramas para a divertida canción 
"Un ollo de vidro" de A Gramola Gominola.

Unha maneira xenial de atender á diversidade!

Ademais, deixámosvos tamén a canción "Samaín", do grupo Mamá Cabra. E se picades no enlace, veredes un conto do Samaín.





lunes, 29 de octubre de 2018

HALLOWEEN EN FRANCE

Na clase de francés tamén queremos celebrar o Samaín!
Aquí vos deixamos estas ideas: debuxos animados, cancións e actividades diversas.









lunes, 22 de octubre de 2018

SAMAGOSTO 2018

O Samaín chega en breve, e no cole celebraremos, como os últimos cursos, o noso Samagosto.

Para ir empezando preparamos, para os máis pequenos, esta actividade en relación co conto de
 "Corre, corre cabaciña".

Mirade primeiro o vídeo, para logo poder facer as actividades. 

E tamén podedes escoitar a canción do conto picando abaixo!


Picade nesta imaxe para acceder ás actividades.


Vídeo



Canción

martes, 2 de octubre de 2018

BONJOUR À TOUTES ET À TOUS!

Dende a área de francés decímosvos ola de novo!
E facémolo con esta canción, grande éxito de Charles Aznavour, referente da canción francesa que nos deixou onte.



miércoles, 9 de mayo de 2018

CANCIÓNS TRADICIONAIS


Aquí tedes algunhas das cancións tradicionais francesas para nenos máis coñecidas. 

Premendo nesta imaxe da páxina "guiainfantil", accederedes á letra e ao vídeo das mesmas.





martes, 8 de mayo de 2018

PICTOGRAMAS POR 3º A

Na clase de 3º A están a elaborar pictogramas. Estes que nos presentan aquí correspóndense coa letra da canción de "Don quijote de la Mancha".



Tamén temos a canción para escoitar ao mesmo tempo que os mirades.



martes, 24 de abril de 2018

DON QUIJOTE DE LA MANCHA CON PICTOGRAMAS

Como ben sabedes, o día 23 de abril celebramos o Día do Libro, así que esta semana estamos realizando varias actividades en relación co mesmo.
Saberedes tamén, que esa data coincide coa data de nacemento ou falecemento de distintos autores célebres.
Un dos que faleceron nese día foi Miguel de Cervantes, autor do coñecidísimo libro "Don Quijote de la Mancha", que vos deixamos aquí con pictogramas.

Desfrutade da lectura!








lunes, 9 de abril de 2018

A ALMORZAR!


Imos ver como e que almorzan os franceses.
Bo proveito!!!







jueves, 8 de marzo de 2018

ADXECTIVOS POSESIVOS EN FRANCÉS

Esta vez traémosvos varios recursos para repasar os adxectivos posesivos. 





viernes, 23 de febrero de 2018

QUE LEVAMOS NA MOCHILA?

Estamos por aquí de novo con cancións en francés, agora para aprender vocabulario relacionado co material escolar.

E ti, que levas na túa mochila?




jueves, 18 de enero de 2018

MÚSICA EN FRANCÉS


Traémosvos tres temas de tres artistas de grande éxito en Francia. Dous deles despedíronse de nós recentemente e queremos lembrar aquí algún dos seus grandes éxitos.

Hai uns días, acábanos de deixar a cantante France Gall, que participou no festival de Eurovisión co tema Poupée de cire, poupée de son.



Outro que nos deixou foi Johnny Hallyday, que foi unha icona en Francia, en decembro de 2017. Este é o seu tema Je te promets.



E para rematar, imos estudar o uso do artigo con esta canción de Carla Bruni, Le toi du moi. Antes botádelle unha ollada á imaxe para repasalos.