Mostrando entradas con la etiqueta curso 17/18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 17/18. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de junio de 2018

FIN DE CURSO 2018

Hoxe despedimos o curso, e facémolo deixándovos os vídeos das actuacións que houbo no festival.

Só nos queda desexarvos a todos...

 que pasedes un moooi feliz verán!!!

                                                     
Ata o vindeiro curso!!!

viernes, 29 de junio de 2018

miércoles, 27 de junio de 2018

REGUEIFAS NA CARBALLEIRA

Este último trimestre tivo lugar unha gran batalla na carballeira do cole.
Alí foi onde se enfrontaron os rapaces de 4º B e de 5º A, empregando a palabra para derrotar aos seus opoñentes.

Tratábase de ver cales eran capaces de discurrir as rimas máis orixinais e divertidas, mediante a regueifa. 
Deste xeito, eles e os compañeiros coñeceron esta tradición oral galega.

Velaquí algúns fragmentos da actividade.

lunes, 25 de junio de 2018

2ª XERACIÓN DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO


Parabéns pola vosa implicación na mellora da convivencia do centro!!!
Bo traballo!!!

lunes, 18 de junio de 2018

VISITA A NOSA EXPOSICIÓN "LE COIN DE FRANÇAIS"

Este trimestre traballamos a banda deseñada francesa e tamén a belga en lingua francesa.
Investigamos sobre os autores, os ilustradores, os temas, as personaxes (heroes, antiheroes, rasgos, etc.), e destacamos algún aspecto que nos sorprendeu ou que nos pareceu interesante.

Se queredes gozar do mundo da banda deseñada, podedes visitar a nosa exposición nas escaleiras que soben ás aulas de 6º e 5º.

Agardamos que vos guste!






Estes son as personaxes que coñecemos:

As aventuras de Tintín
Spirou e Fantasio
Gaston o gafe
Lucky Luke
Os pitufos
Johan e Pirluit
Le chat
Ernest y Célestine
Le Scrameustache
Astérix e Obélix
O gran califa (Iznogoud)
Bill e Boliña
Sophie
Yoko Tsuno
Blake e Mortimer
Marsupilami
Natacha
Modesto e Pompón
Todo Umpa-pá
Los Krostons
Papirus
Bululum e Guiliguili
César
Cédric
Cecilia, Xulia e Clara
Lucien

viernes, 8 de junio de 2018

VISITOUNOS PAULA CARBALLEIRA

Os nenos de 3º e 4º, tivemos a sorte de ter con nós á escritora e actriz Paula Carballeira. 

Despois de ler este curso o seu libro "Bruxa e familia", encantounos coñecer á escritora do mesmo.



Nunha charla cargada de humor e simpatía, contounos de onde ven a súa vocación de escritora, e tamén a orixe deste libro.

Despois diso tivemos a oportunidade de facerlle preguntas, e firmounos os libros.

lunes, 4 de junio de 2018

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño.

Deste xeito, faise fincapé na concienciación da importancia de coidar o noso planeta, neste momento no que a contaminación supón un problema tan importante.

Este ano, adícase á necesidade de acabar co uso de plásticos que son innecesarios (envoltorios dos que podemos prescindir, bolsas...), xa que o nivel de contaminación que producen é moi elevado.

Nós traémosvos unhas divertidas ideas para reciclar envases dándolles así un novo uso, e reducir a cantidade de lixo.
Picade nas imaxes que enlazan a elas.


                    https://www.pequeocio.com/5-manualidades-recicladas-con-botellas-plastico/             



                           



Lembrade que se cada un pon o seu granciño de area, podemos lograr moito no coidado do medioambiente.

Este é o noso:


Xogos do tres en raia 
Elaboramos o taboleiro con cartón e as fichas con tapas de botella que decoramos dándolle forma de diversos animais.




Marco para fotos
Con cartón construímos o marco, e decorámolo con casca de ovo pintada.

jueves, 31 de mayo de 2018

PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO NO COLE!

Como xa vos contamos, fai pouco estivo con nós Paco Nogueiras.

Ofreceunos un fantástico concerto como parte das nosas actividades das Letras Galegas, no que puidemos desfrutar de moitos dos temas incluídos no seu libro "Brincavai!"

Foi do máis entretido, que ben o pasamos!
Deixámosvos aquí algúns dos momentos da actuación.

martes, 29 de mayo de 2018

ADIVIÑAS FAMILIARES: AS SOLUCIÓNS



Agora que sabedes as solucións... que tal o fixestes?

jueves, 24 de mayo de 2018

OS NOSOS ESCRITORES PREMIADOS

Xa hai uns días que coñecemos o resultado do Certame Artístico-Literario Intercentros, e como vos anunciamos, no noso cole houbo varios premiados.
Hoxe temos o pracer de presentarvos aquí as súas estupendas creacións, e de novo, dámoslle a noraboa a cada un deles, por ter elaborado tan fermosos traballos.
Pasade o cursor sobre eles para escoitalos.

lunes, 21 de mayo de 2018

FESTEXAMOS AS LETRAS E OS MAIOS

O mes de maio é mes de celebracións.
Dos tradicionais Maios, e tamén das Letras Galegas, que nós celebramos de xeito conxunto.

E para a ocasión fixemos un maio, tivemos xogos tradicionais, un precioso festival, no que varios nenos do cole nos deleitaron coas súas interpretacións, cantamos o himno galego e bailamos a muiñeira, e ata un concerto de Paco Nogueira!

Deste último poderedes ver algo noutra entrada, esta reservámola para os nosos artistas.

Mirade, mirade...




viernes, 18 de mayo de 2018

OS NENOS DE VENTÍN EN "GALICIA VIVA"

Unha vez máis, a TVG visitou o noso cole!
Foi o pasado mércores 16 de maio, e algúns dos nenos de 3º e 4º puideron falar un pouquiño das Letras Galegas e de María Victoria Moreno, para o programa "Galicia Viva".

Fixérono xenial! 
Picade na imaxe para acceder ao programa e velos.


miércoles, 16 de mayo de 2018

ADIVIÑAS "FAMILIARES" PARA O DÍA DA FAMILIA

Hoxe, 15 de maio, conmemoramos o Día Internacional da Familia.

Por este motivo, traémosvos este pasatempo para resolver xunto cos vósos e pasar un momento divertido discurrindo.

Seredes quen?

Animádevos e enviádenos as respostas!

Facédeo antes do martes día 29, cando publicaremos as solucións.




lunes, 14 de mayo de 2018

CERTAME ARTÍSTICO-LITERARIO INTERCENTROS


Este pasado xoves 10 de maio, déronse a coñecer as obras ganadoras na décima edición do Certame Artístico-literartio Intercentros que se celebra cada ano no concello de Ames.

Querémoslle dar a noraboa aos autores e autoras das mesmas, e moi especialmente aos que son alumnos do noso CEP de Ventín:

Na 1ª categoría (alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria), o 2º premio foi para
Fabio Suárez González, de 4º D
pola súa obra "A lingua Galega"

Na mesma categoría, o 3º premio recibiuno
Xoel Lago, de 4º C
polo seu traballo "Oín a miña lingua"

E na 2ª categoría (alumnado de 5º e 6º de Primaria), o 1º premio foi para
Antía Somoza, de 5º C
pola súa obra "O galego"

Ademais, recibiu unha mención especial
Gael da Silva, de 4º B
pola súa creación "María Victoria Moreno"

A todos eles... parabéns!!!

Picade aquí para ver a nova completa.

miércoles, 9 de mayo de 2018

CANCIÓNS TRADICIONAIS


Aquí tedes algunhas das cancións tradicionais francesas para nenos máis coñecidas. 

Premendo nesta imaxe da páxina "guiainfantil", accederedes á letra e ao vídeo das mesmas.





martes, 8 de mayo de 2018

PICTOGRAMAS POR 3º A

Na clase de 3º A están a elaborar pictogramas. Estes que nos presentan aquí correspóndense coa letra da canción de "Don quijote de la Mancha".



Tamén temos a canción para escoitar ao mesmo tempo que os mirades.



viernes, 4 de mayo de 2018

SOLUCIÓNS A "XOGAS CON NÓS?"

Aquí tedes os resultados dos problemiñas que nos deixaron as nosas personaxes de conto.

O certo é que elas xa comprobaron as vosas solucións, e fixéstelo moi ben!!!

Agás algún pequeno despiste, case todos destes coas solucións correctas. Agoraa sabemos que a próxima vez o podemos poñer un pouco máis difícil!

Noraboa a todos os que o fixestes ben, e os que non, só tedes que poñer unha chisca máis de atención a próxima vez.


lunes, 30 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

O día das Letras Galegas aproxímase.
Este ano, a autora homenaxeada é María Victoria Moreno.

Para coñecela ou saber algo máis dela, traémosvos varias actividades interactivas relacionadas coa súa biografía e cos seus relatos.


Premendo nesta imaxe da páxina de Primavera das Letras, accederedes ás acitividades que nos propoñen alí.





E premendo nestes enlaces, chegaredes ás que nos propoñen na páxina do Seminario Galán.

Biografía para 1º e 2º de Primaria

"A festa no faiado" para 1º e 2º de Primaria

"Mar adiante" e "Eu conto, ti cantas..." para 1º e 2º de Primaria

"Mar adiante" e "Eu conto, ti cantas..." para 1º e 2º de Primaria (2)


Biografía para 3º e 4º de Primaria

"Mar adiante", "Leonardo e os fontaneiros" e "Eu conto, ti cantas..." para 3º e 4º


Biografía para 5º e 6º

"Mar adiante" e "Elexías de luz" para 5º e 6º de Primaria







lunes, 9 de abril de 2018

A ALMORZAR!


Imos ver como e que almorzan os franceses.
Bo proveito!!!