Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2026

Un clásico que nunca falla: Alexia preséntanos "Teo en la escuela"

O pasado mércores, 28 de maio, os nosos recreos literarios volveron a encherse de nostalxia e diversión. Nesta ocasión, a biblioteca contou coa presenza de Alexia, de 2º B, que repetiu no noso escenario para achegarnos as aventuras dun dos personaxes máis coñecidos da literatura infantil co libro "Teo en la escuela".

Cunha lectura moi fluída, clara e chea de soltura, Alexia foiles amosando aos seus compañeiros e compañeiras as peripecias de Teo no seu día a día no colexio: as súas clases, os xogos no patio e as divertidas rutinas que comparte cos seus amigos. Ao ser unha historia tan próxima e visual, a nosa lectora de segundo logrou que todo o público estivese súper atento, identificándose coas historias do propio Teo.

Dá gusto ver a seguridade e o entusiasmo co que Alexia comparte as súas lecturas na biblioteca!

Queres lembrar ti tamén as primeiras aventuras de Teo no cole? Non te perdas o vídeo da fantástica lectura que nos ofreceu Alexia:

Moitas grazas, Alexia, por agasallarnos con este momento tan entretido e por ler tan sumamente ben. ¡Es unha auténtica artista da lectura!


Unha dose de agarimo na biblioteca: Alexia e Rodrigo preséntannos "Cosquillas para el corazón"

O pasado luns, 25 de maio, a nosa biblioteca comezou a semana do xeito máis doce e acolledor posible. Alexia e Rodrigo, de 2º B, uniron os seus talentos para agasallarnos coa lectura do tenro libro "Cosquillas para el corazón".

Cunha lectura súper agarimosa, coordinada e chea de sensibilidade, esta parella de segundo foille contando ao público esas pequenas cousas que nos fan sentir ben, que nos sacan un sorriso e que, precisamente, lle fan "cosquillas" ao noso corazón. Alexia e Rodrigo demostraron unha gran complicidade e moito saber facer á hora de transmitir a importancia de coidarnos e de darnos agarimo uns a outros.

Todo o público asistente estivo súper atento e marchou do recreo cun sopeso de ledicia e co corazón ben contento.

Queres sentir ti tamén esas cosquillas tan especiais? Non te perdas o vídeo da fantástica lectura que nos ofreceron Alexia e Rodrigo:

Moitas grazas, Alexia e Rodrigo, por encher a biblioteca de tanta dozura e por ler con ese sentimento tan bonito. ¡Fixéstelo de marabilla!

domingo, 24 de mayo de 2026

Un reto de altura na biblioteca: Antía e Laura preséntannos "Superar el listón"

O pasado mércores, 20 de maio, as gañas de superación e o bo humor foron os grandes protagonistas do noso recreo. Antía e Laura, de 2º A, uniron as súas forzas para contarnos unha historia moi peculiar e divertida: "Superar el listón", da autora Victoria Pérez Escribá.

Cunha lectura súper alegre e moi ben compenetrada, este dúo de segundo foille ensinando ao público as peripecias do protagonista por saltar o máis alto posible e superar ese listón. Antía e Laura demostraron moito desparpajo e seguridade á hora de poñerlle voz ao conto, transmitindo de xeito xenial esa mensaxe de esforzo e motivación a todos os compañeiros e compañeiras que se achegaron a escoitalas.

¡Quedou claro que a estas dúas grandes lectoras non hai listón, por moi alto que estea, que se lles resista!

Queres ver como Antía e Laura nos contaron esta gran historia de superación? Aquí tes o vídeo coa súa fantástica lectura:

Moitas grazas, Antía e Laura, por este rato tan entretido e por ler con esa enerxía e graza. Fixéstelo de marabilla!

Unha historia de amor e familia: Yeilin e Iris preséntannos "La niña que tenía dos papás"

O pasado martes, 19 de maio, a nosa biblioteca acolleu unha lectura cargada de sensibilidade, empatía e respecto. Yeilin e Iris, de 5º D, uníronse para compartir con todos nós o emotivo libro "La niña que tenía dos papás".

Cunha lectura fluída, madura e chea de agarimo, as dúas compañeiras de quinto fóronnos introducindo nesta historia que nos lembra o que de verdade importa nun fogar: o amor, o coidado e o apoio incondicional, sen importar como estea formada a familia. Yeilin e Iris souberon transmitir á perfección a mensaxe de inclusión e normalidade que desprende a obra, logrando que todo o público escoitase con moita atención.

Dá gusto ver como o noso alumnado elixe lecturas que nos axudan a medrar como persoas e a valorar a diversidade que nos rodea.

Queres ver como Yeilin e Iris nos contaron esta fermosa historia? Non te perdas o vídeo da súa lectura na biblioteca:

Moitas grazas, Yeilin e Iris, por achegarnos este libro tan necesario e por facelo cunha sensibilidade tan especial. ¡Parabéns polo voso gran traballo!


Un misterio na herba: Andrea, Estela e Carlota búscanlle as follas ao outono

O pasado luns, 18 de maio, un misterio moi divertido chegou á nosa biblioteca da man dun gran equipo de investigadoras. Andrea, Estela e Carlota, de 2º D, uníronse para contarnos a divertida historia de "El ladrón de hojas".

Cunha lectura súper coordinada e chea de graza, as tres compañeiras fóronnos mostrando a desesperación dunha simpática ardilla que, de súpeto, descobre que faltan algunhas das follas da súa árbore favorita. Grazas ao gran traballo en equipo que demostraron Andrea, Estela e Carlota á hora de ler en público, o público de segundo estivo súper atento e entretido axudando a resolver este "roubo" tan natural.

¡Demostraron que ler entre amigas é moito máis divertido!

Queres saber quen era o verdadeiro ladrón de follas? Non te perdas o vídeo da fantástica lectura de Andrea, Estela e Carlota:

Moitas grazas, rapazas, por este gran traballo en equipo e por facernos pasar un rato tan divertido na biblioteca! Fixéstelo xenial!


sábado, 23 de mayo de 2026

Homenaxe ás nosas Letras: Sophie e Aroa preséntannos "Begoñísima"

No marco das celebracións da Semana das Letras Galegas, a nosa biblioteca tivo o luxo de acoller unha sesión de lectura cargada de orgullo e compromiso coa nosa lingua. Sophie e Aroa, de 6º A, foron as encargadas de achegarnos á figura de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano no noso centro, a través da lectura de "Begoñísima".

Cunha soltura e unha madurez propias do alumnado de sexto, as dúas compañeiras compartiron con todos nós esta obra que pon en valor o legado, a forza e a sensibilidade de Begoña Caamaño. Coa súa lectura, Sophie e Aroa non só demostraron o ben que len, senón que contaxiaron a todo o público o respecto e o agarimo pola nosa literatura e polas mulleres que fixeron historia nas nosas letras.

Unha lección de literatura e de orgullo cultural que se converteu nun dos momentos máis emotivos desta semana tan especial no noso colexio.

Queres revivir esta fantástica homenaxe literaria? Non te perdas o vídeo da lectura de Sophie e Aroa:

Moitas grazas, Sophie e Aroa, por achegarnos con tanto acerto á figura de Begoña Caamaño e por facernos desfrutar así das nosas Letras Galegas! Sodes unhas grandes embaixadoras da nosa lingua!


Unha lectura con moito sentimento: Sara preséntanos "Alma"

O pasado luns, 11 de maio, a nosa biblioteca tivo o pracer de escoitar unha historia chea de sensibilidade. Sara, de 2º D, foi a encargada de poñerlle voz ao libro "Alma", da autora Sandra Carmona.

Cunha lectura moi coidada e doce, Sara transportounos ás páxinas desta obra que nos fála de sentimentos, de conexión co que nos rodea e de atopar a nosa propia esencia. A nosa lectora de segundo demostrou unha gran madurez e moito xeito á hora de transmitir a tenrura que desprende este fermoso conto.

Foi un momento máxico que deixou a todo o público encantado coa elegancia e o agarimo que Sara lle puxo a cada palabra.

Queres deixarte levar pola dozura desta historia? Aquí tes o vídeo da fantástica lectura que nos ofreceu Sara para comezar a semana:

Moitas grazas, Sara, por agasallarnos con este momento tan bonito e por ler tan sumamente ben. Fixéstelo de dez!


A saga continúa: Iker e Alex presentan "A lenda de TIN 2. A lenda comeza de novo"

O pasado martes, 12 de maio, a expectación era máxima na nosa biblioteca. Tras o éxito das súas primeiras historias, Iker (3º E) e Alex (5º E) volveron á carga para presentarnos o seu agardado libro de autocreación: "A lenda de TIN 2. A lenda comeza de novo".

Cun público entregado e con moitas gañas de saber máis, este tándem de autores demostrou que a súa imaxinación non ten límites. Nesta nova entrega, os dous creadores souberon dar un xiro fantástico ás aventuras da nosa mascota, mantendo a intriga e o humor que tanto nos gustan.

A lectura compartida foi todo un éxito, deixando claro que a colaboración entre diferentes cursos dá uns froitos marabillosos e que a creatividade está desbordante no noso cole. ¡A lenda de Tin está máis viva que nunca!

Queres saber como comeza de novo esta gran aventura? Non te perdas o vídeo da presentación que fixeron Iker e Alex na biblioteca:

Moitas grazas, Iker e Alex, por seguir alimentando a maxia da nosa biblioteca coas vosas propias historias. Agardamos xa a terceira parte, artistas!

Unha viaxe polas emocións: "Así es mi corazón" con Nahia e Sofía

O pasado mércores, 13 de maio, a biblioteca encheuse de sensibilidade e moito sentimento grazas á visita de Nahia e Sofía, de 3º C. As dúas compañeiras agasalláronnos coa lectura do fermoso libro "Así es mi corazón", da autora Jo Witek.

Cunha lectura chea de dozura e gran complicidade, Nahia e Sofía fóronnos abrindo as ventás dese corazón protagonista que unhas veces está ledo, outras asustado, ás veces chora e outras está cheo de calma. Cunha posta en escena moi coidada, as alumnas de terceiro transmitiron á perfección como todos os sentimentos teñen cabida en nós e que o importante é saber recoñecelos.

Foi unha sesión preciosa que nos axudou a conectar coas nosas propias emocións nun ambiente de moita tranquilidade.

Queres descubrir como ruxen e cantan os latexos do corazón? Aquí tes o vídeo coa lectura que prepararon Nahia e Sofía:

Moitas grazas, Nahia e Sofía, por abrirnos o voso corazón e por facernos gozar da lectura dun xeito tan emotivo. Fixéstelo xenial!


jueves, 21 de mayo de 2026

Un misterio revelado nos recreos: Gis cóntanos a historia de Tin!

Estes días, os recreos na nosa biblioteca van ser máis máxicos e especiais ca nunca. Temos o pracer de anunciar unha visita moi agardada por todos e todas: Gis vén facernos unha visita!

Pero non vén de mans baleiras. Gis será a encargada de desvelar un dos segredos mellor gardados do noso colexio: a verdadeira historia de Tin, a nosa querida mascota da biblioteca. De onde vén? Como chegou a Ventín? Cales son as súas aventuras secretas entre os andeis?

Esta sesión de contacontos especial está aberta para todo o alumnado que queira asistir de xeito voluntario durante o tempo de lecer. Unha oportunidade única para viaxar coa imaxinación e coñecer a fondo ao noso dinosauro máis lector.

Queres descubrir a lenda da nosa mascota? Pásate pola biblioteca durante o recreo, busca o teu sitio e déixate levar pola voz de Gis. ¡Tin está desexando que escoites a súa historia!

Non faltedes, exploradores de historias! Vémonos no recreo para compartir este momento tan especial.

Un clásico imprescindible: "A galiña roxa" con Saola e Sofía

O pasado venres, 8 de maio, a nosa biblioteca viaxou ata a granxa cunha historia que nos deixa a todos unha gran lección. Saola e Sofía, de 5º B, foron as encargadas de poñerlle voz ao coñecido conto de "A galiña roxa".

Cunha lectura coordinada, limpa e chea de matices, estas dúas compañeiras de quinto foron relatando os esforzos da pobre galiña por sementar o trigo, recollelo e facer o pan sen que ningún dos seus preguiceiros amigos a axudase... ata que chegou o momento de comer! Saola e Sofía souberon captar á perfección a atención do público, transmitindo de xeito estupendo os valores da colaboración, o esforzo e o traballo en equipo que agocha este relato.

Dá gusto ver como as nosas lectoras máis veteranas se implican e gozan compartindo historias de sempre con tanta soltura.

Queres ver como se preparou ese delicioso pan? Aquí tes o vídeo da lectura que nos ofreceron Saola e Sofía:

Moitas grazas, Saola e Sofía, por esta fantástica sesión de contacontos e por ler tan ben. Fixéstelo de marabilla!


Talento propio na biblioteca: Iker e Alex preséntannos "A lenda de Tin 2"

O pasado venres, 8 de maio, vivimos unha das sesións máis especiais e agardadas do mes na nosa biblioteca. Non só tivemos contacontos, senón que fomos testemuñas do nacemento de auténticos escritores e creadores. Iker (3º E) e Alex (5º E) uniron as súas forzas e o seu enxeño para presentarnos unha obra de autocreación: "A lenda de Tin 2".

Escrita e ideada por eles mesmos, esta historia fálanos de novas e emocionantes aventuras da nosa querida mascota. Ver a dous alumnos de diferentes cursos colaborar con tanto entusiasmo e dedicación para dar vida a un texto propio foi un auténtico luxo para todo o público asistente.

Iker e Alex non só demostraron unha imaxinación desbordante, senón tamén un gran desparpajo á hora de ler e compartir o seu propio libro co resto dos compañeiros e compañeiras. ¡A biblioteca de Ventín ten a canteira de autores asegurada!

Queres descubrir que novas aventuras lle agardan á nosa mascota? Non te perdas o vídeo da lectura en primicia que nos ofreceron Iker e Alex:

Parabéns, Iker e Alex! Grazas por regalarnos a vosa creatividade e por inspirarnos a todos e todas a coller o lapis e inventar novas historias. Sodes uns artistas!

jueves, 7 de mayo de 2026

Unha revolución na biblioteca: Heloize e Lara con "Topito Terremoto"

O pasado mércores, 6 de maio, a enerxía inundou a nosa biblioteca. Heloize e Lara, de 3º E, uníronse para presentarnos a historia de "Topito Terremoto", un personaxe que non pode parar quieto nin un segundo.

Cunha lectura dinámica e moi coordinada, as dúas compañeiras contáronnos como o pequeno toupo aprende a canalizar toda esa enerxía desbordante para descubrir os seus propios talentos. É unha historia fermosa sobre a paciencia, a empatía e sobre como cada neno e nena ten o seu propio ritmo e o seu xeito de ver o mundo.

Heloize e Lara fixeron un traballo estupendo transmitindo esa vitalidade que caracteriza ao personaxe, deixando a todo o público con moitas ganas de saber máis sobre as aventuras deste simpático toupiño.

Queres ver como Topito aprende a concentrar a súa enerxía? Non te perdas o vídeo da lectura de Heloize e Lara:

Moitas grazas, rapazas, por esta lectura tan animada e por contaxiarnos as gañas de aprender!

Un lobo con moito estilo: Nuria e María preséntannos "Elásticos y fantásticos"

O pasado martes, 5 de maio, a diversión volveu á biblioteca da man de Nuria (2º B) e María (2º C). Estas dúas grandes lectoras uníronse para contarnos unha nova e disparatada aventura da serie El lobo en calzoncillos: "Elásticos y fantásticos".

Cunha lectura chea de entusiasmo, Nuria e María explicáronnos como o lobo máis famoso da literatura infantil lida cos seus novos calzóns e coas opinións de todos os animais do bosque. Foi unha sesión onde as risas estiveron aseguradas, demostrando que o humor é unha ferramenta fantástica para que o alumnado de segundo se solte a ler en público.

¡Este lobo xa non mete medo, pero si moita graza!

Queres ver como se minguaron estes calzoncillos? Non te perdas o vídeo da lectura de Nuria e María:

Moitas grazas, mozas, por facernos pasar un rato tan entretido e por ler con tanta complicidade!


Comezamos maio entre risas co Lobo en Calzoncillos!

O pasado luns, 4 de maio, a semana non puido empezar de mellor xeito na nosa biblioteca. Emma e Giordana, de 2º C, foron as encargadas de abrir as sesións do mes coas divertidas ocorrencias de "El lobo en calzoncillos".

Cunha compenetración estupenda, estas dúas compañeiras demostraron que xa son unhas expertas narradoras. O público de segundo desfrutou de cadanseu momento desta historia onde o lobo, lonxe de ser fero, vólvese o protagonista das situacións máis disparatadas grazas á súa peculiar vestimenta.

É un pracer ver como Emma e Giordana comparten o gusto pola lectura con tanto entusiasmo e seguridade.

Queres rir coas aventuras do lobo? Aquí tes o vídeo da lectura que nos ofreceron Emma e Giordana:

Moitas grazas, rapazas, por este comezo de mes tan animado e por facernos pasar un rato tan xenial!

Un clásico moi diferente: "O estrambótico Principiño" con Adrián e Lois

O pasado xoves, 30 de abril, a biblioteca recibiu a visita dun personaxe que todos pensabamos coñecer, pero que resultou ser moito máis divertido do esperado. Adrián e Lois, de 4º C, presentáronnos "O estrambótico Principiño", a xenial versión dos autores galegos Pinto e Chinto.

Cunha posta en escena chea de enerxía e moita chispa, Adrián e Lois foron debullando as disparatadas situacións que vive este Principiño tan particular. Os dous lectores de cuarto demostraron un gran dominio do ritmo e da ironía, facendo que o público soltase máis dunha gargallada coas ilustracións e os diálogos estrambóticos desta obra.

Foi unha sesión fantástica para demostrar que os clásicos poden reinventarse e que a literatura galega actual ten un humor único que conecta de marabilla cos nosos rapaces e rapazas.

Queres rir coas aventuras deste Principiño tan especial? Aquí tes o vídeo da lectura que nos ofreceron Adrián e Lois:

Moitas grazas, Adrián e Lois, por facernos pasar un rato tan divertido e por ler con tanta graza. Sodes uns cracks da narración!

Versos baixo a lúa con Zoe e Paula: "Ola, son a lúa"

O pasado xoves, 30 de abril, a nosa biblioteca tivo o pracer de acoller unha sesión de contacontos chea de sensibilidade. Zoe e Paula, de 3º C, foron as encargadas de poñerlle voz e alma ao libro "Ola, son a lúa", da autora Ánxeles Ferrer.

Cunha lectura pausada e moi doce, as dúas compañeiras fóronnos descubrindo os segredos deste astro que nos mira dende o ceo. O libro, que destaca polas súas rimas e a súa linguaxe poética, cobrou vida grazas ao bo facer de Zoe e Paula, que souberon transmitir toda a maxia e a paz que desprenden os versos de Ánxeles Ferrer.

Foi un momento de moita calma e beleza, onde o público quedou engaiolado polas palabras destas dúas grandes lectoras.

Queres deixar que a lúa te saúden a ti tamén? Non te perdas o vídeo da lectura que prepararon Zoe e Paula para pechar o mes de abril da mellor maneira:

Moitas grazas, Zoe e Paula, por achegarnos a poesía dun xeito tan fermoso. Fixéstelo de marabilla!

domingo, 3 de mayo de 2026

Risas conxeladas na biblioteca: "¡Se me congelan!" con Sofía e Emma

O pasado mércores, 29 de abril, a nosa biblioteca encheuse de gargalladas grazas a unha das lecturas máis divertidas do mes. Sofía e Emma, de 2º B, foron as encargadas de presentarnos unha aventura da desternillante colección "El libro en calzoncillos": o título "¡Se me congelan!".

Cunha compenetración fantástica e moitísima graza, as nosas contacontos de segundo leváronnos a un escenario moi frío onde os protagonistas pasan por situacións de o máis disparatadas. Sofía e Emma souberon transmitir perfectamente o humor desta historia, conseguindo que todos os asistentes estivesen pendentes de cada páxina (e de cada calzoncillo!).

É marabilloso ver como o alumnado de segundo vai perdendo o medo a ler en público e, sobre todo, como son capaces de facernos gozar tanto cun libro nas mans.

Queres rir un anaco con elas? Non te perdas o vídeo desta sesión tan "fresca" e divertida que nos prepararon Sofía e Emma:

Moitas grazas, Sofía e Emma, por esta dose de bo humor e por demostrarnos que ler tamén pode ser unha festa! Parabéns, artistas!



Aprendendo a manexar os raios e centellas con Elvira: Heloize na biblioteca

O pasado martes, 28 de abril, a biblioteca volveu ser un espazo para aprender sobre nós mesmos. Heloize, de 3º E, presentounos un contacontos moi necesario: "Una tormenta de ira para Elvira".

Cunha lectura moi expresiva, Heloize foine nos contando como a protagonista, Elvira, ten que aprender a xestionar esa "tormenta" que aparece cando as cousas non saen como ela espera. A través da súa voz, puidemos entender que sentir rabia é normal, pero que o máis importante é saber que facer para que os raios e a choiva de dentro de nós deixen paso de novo ao sol.

Heloize fixo un traballo excelente transmitindo a forza da historia e axudándonos a todos a reflexionar sobre o autocontrol e a calma.

Queres ver como Elvira aprende a domar a súa tormenta? Non te perdas o vídeo da lectura que nos preparou Heloize: 

Moitas grazas, Heloize, por regalarnos esta lección de intelixencia emocional e por ler con tanto sentimento!


Talento literario en directo: "O sangue dourado" con Leyre e Leire

O pasado venres, 24 de abril, a nosa biblioteca viviu unha xornada histórica e chea de creatividade. Nesta ocasión, o contacontos non foi sobre un libro sacado dos andeis, senón sobre unha creación propia froito da imaxinación de dúas grandes artistas: Leyre e Leire, de 3º A.

As dúas compañeiras presentaron ante un público expectante a súa obra titulada "O sangue dourado". Cun estilo único e moitísima ilusión, Leyre e Leire foron debullando unha trama orixinal que nos mantivo a todos e todas pegados á cadeira de principio a fin.

É un orgullo inmenso ver como na nosa escola non só medran lectores e lectoras, senón tamén futuras escritoras con voz propia. O esforzo de escribir unha historia dende cero e ter a valentía de compartila en voz alta cos demais merece o noso maior aplauso.

Queres descubrir o misterio do sangue dourado? Non te perdas a estrea mundial desta historia no seguinte vídeo gravado durante a sesión:

Moitísimas grazas, Leyre e Leire, por agasallarnos co voso talento e por facernos desfrutar dunha historia tan auténtica. Seguide escribindo así de ben!