Mostrando entradas con la etiqueta francés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta francés. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2019

LES PIÈCES DE LA MAISON


Dende o departamento de francés chega este xogo, que leva por nome
  "Les pièces de la maison".

Seguro que xa sabedes o que ides aprender ou repasar con el!

Picade na imaxe e a divertirse!



lunes, 18 de marzo de 2019

LA MAISON


Hoxe traémosvos este vídeo grazas ao que poderedes aprender vocabulario en francés sobre a casa.


lunes, 11 de febrero de 2019

O ENTROIDO E MÁIS COUSAS EN FRANCÉS


Estas semanas imos traballar con este material sobre o colexio.
Escoita, relaciona e asocia, xa verás que fácil é!

"La chanson de l'école"


Actividades diversas.




E agora que imos para o Entroido, sabes cal é a súa orixe?




jueves, 31 de enero de 2019

XOGANDO E CANTANDO EN FRANCÉS


Que fácil é aprender vocabulario con xogos e cancións!


En primeiro lugar, deixámosvos esta canción titulada "Jean Petit qui danse" para aprender as partes do corpo.




E aquí tedes tres divertidísimos xogos cos que aprender vocabulario diverso.




jueves, 24 de enero de 2019

EN FRANCÉS, LA PAIX


Seguindo co tema da paz, dende a área de francés presentámosvos esta canción de Kids United.


"On écrit sur les murs" , Kids United

miércoles, 21 de noviembre de 2018

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

Xa comezamos a preparar o Nadal na clase de francés!
Mirade que fermosa canción!

"Noël, que du bonheur", Ilona Mitrecey.

Queredes saber algo das tradicións que seguen os franceses no Nadal? 
Picade aquí e descubrídeo.


lunes, 29 de octubre de 2018

HALLOWEEN EN FRANCE

Na clase de francés tamén queremos celebrar o Samaín!
Aquí vos deixamos estas ideas: debuxos animados, cancións e actividades diversas.









martes, 2 de octubre de 2018

BONJOUR À TOUTES ET À TOUS!

Dende a área de francés decímosvos ola de novo!
E facémolo con esta canción, grande éxito de Charles Aznavour, referente da canción francesa que nos deixou onte.



lunes, 18 de junio de 2018

VISITA A NOSA EXPOSICIÓN "LE COIN DE FRANÇAIS"

Este trimestre traballamos a banda deseñada francesa e tamén a belga en lingua francesa.
Investigamos sobre os autores, os ilustradores, os temas, as personaxes (heroes, antiheroes, rasgos, etc.), e destacamos algún aspecto que nos sorprendeu ou que nos pareceu interesante.

Se queredes gozar do mundo da banda deseñada, podedes visitar a nosa exposición nas escaleiras que soben ás aulas de 6º e 5º.

Agardamos que vos guste!






Estes son as personaxes que coñecemos:

As aventuras de Tintín
Spirou e Fantasio
Gaston o gafe
Lucky Luke
Os pitufos
Johan e Pirluit
Le chat
Ernest y Célestine
Le Scrameustache
Astérix e Obélix
O gran califa (Iznogoud)
Bill e Boliña
Sophie
Yoko Tsuno
Blake e Mortimer
Marsupilami
Natacha
Modesto e Pompón
Todo Umpa-pá
Los Krostons
Papirus
Bululum e Guiliguili
César
Cédric
Cecilia, Xulia e Clara
Lucien

miércoles, 9 de mayo de 2018

CANCIÓNS TRADICIONAIS


Aquí tedes algunhas das cancións tradicionais francesas para nenos máis coñecidas. 

Premendo nesta imaxe da páxina "guiainfantil", accederedes á letra e ao vídeo das mesmas.





lunes, 9 de abril de 2018

A ALMORZAR!


Imos ver como e que almorzan os franceses.
Bo proveito!!!







jueves, 8 de marzo de 2018

ADXECTIVOS POSESIVOS EN FRANCÉS

Esta vez traémosvos varios recursos para repasar os adxectivos posesivos. 





viernes, 23 de febrero de 2018

QUE LEVAMOS NA MOCHILA?

Estamos por aquí de novo con cancións en francés, agora para aprender vocabulario relacionado co material escolar.

E ti, que levas na túa mochila?




jueves, 25 de enero de 2018

CANTAMOS "VIVE LE VENT"

Entre tantas cancións en francés, non podía faltar unha cantada polos nosos rapaces e rapazas.
Na celebración do Nadal, o alumnado de 6º presentounos a panxoliña
"Vive le vent", acompañado polos nenos e nenas de 2º E.

Que ben o fixeron!

jueves, 18 de enero de 2018

MÚSICA EN FRANCÉS


Traémosvos tres temas de tres artistas de grande éxito en Francia. Dous deles despedíronse de nós recentemente e queremos lembrar aquí algún dos seus grandes éxitos.

Hai uns días, acábanos de deixar a cantante France Gall, que participou no festival de Eurovisión co tema Poupée de cire, poupée de son.



Outro que nos deixou foi Johnny Hallyday, que foi unha icona en Francia, en decembro de 2017. Este é o seu tema Je te promets.



E para rematar, imos estudar o uso do artigo con esta canción de Carla Bruni, Le toi du moi. Antes botádelle unha ollada á imaxe para repasalos.






viernes, 24 de noviembre de 2017

SABES COMO CELEBRAN O NADAL EN FRANCIA?


Ímosvos amosar algunhas costumes dos países de fala francesa en relación co Nadal.

Mediante a primeira actividade, poderedes coñecer panxoliñas en francés, pratos típicos da época do Nadal, costumes en canto a decoración e tradicións diversas. Picade na imaxe para acceder.




E se quedastes con gana de preparar algún prato especial para celebrar estas festas, picade na imaxe inferior, veredes unhas saborosas receitas. 


Que aproveite!



lunes, 20 de noviembre de 2017

VOILÀ L'ALPHABET ET LES NUMÉROS


Para repasar un pouquiño de francés, aquí vos deixamos estes vídeos do alfabeto e dos números.




lunes, 13 de noviembre de 2017

JOYEUX NÖEL

Xa estamos aprendendo sobre o Nadal na clase de francés! 
Queres aprender con nós? Bota unha ollada ao seguinte.





jueves, 2 de noviembre de 2017

C'EST L'HALLOWEEN

Gozade do Samaín tamén en francés.


Le vocabulaire d'Halloween


Une belle chanson


lunes, 23 de octubre de 2017

BIENVENUS AU COURS DE FRANÇAIS


Hoxe traémosvos unha nova estupenda! E é que este curso, deron comezo no noso cole as...

clases de francés!

Os rapaces de 6º, son os afortunados de disfrutar destas clases da man da profe Mariola, que ademais de ensinarlles a lingua, lles mostrará diversos aspectos da cultura dos nosos veciños os franceses.

Aquí tedes algunhas das cousiñas que xa fostes aprendendo por se as queredes repasar.




Comment ça va?



Je m'appelle Ratounet.


Como estes rapaces non paran de aprender, logo estaremos de volta con máis cousas. Ata pronto!