Mostrando entradas con la etiqueta saídas e excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas e excursións. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de febrero de 2019

VISITAMOS O MUPEGA!



A semana pasada, os nenos e nenas do terceiro nivel, visitamos o Mupega, en Santiago de Compostela.

A visita comenzou cun vídeo introdutorio das escolas dos nosos/as avós/as 
-vídeo que nos lembrou o documental "Unitarias", e que aproveitamos para recomendar aquí-.

Os nenos e as nenas coñeceron de primeira man como eran os espazos adicados ao ensino, non só en Galicia, senón tamén as escolas fundadas polos emigrantes galegos e galegas, quedando abraiados/as polo "pizarrín" e a súa funcionalidade.


A visita rematou poñendo en práctica a creatividade de obxectos cotiáns para darlle un uso lúdico, coma abelás ou esferas de barro.
Pasamos o resto da mañá no parque do Auditorio de Galicia, aproveitando as raiolas do sol.
Pasámolo pipa!

Deixámosvos aquí o enlace á páxina do Mupega onde publican a nosa visita.

domingo, 12 de noviembre de 2017

PEREGRINOS POR UNHA MAÑÁ

Hai xa uns días que os nenos e nenas de 3º saíron do colexio para percorrer un tramo do camiño de Santiago, concretamente, do camiño de Fisterra.

A nosa andaina comezou en Augapesada, ata onde fomos en autobús. Vimos o Rego de Pasos, pasamos por Mar de Ovellas, polo Monte Escolar, no lugar de Carballo, e dende alí puidemos continuar ata o fermoso lugar de Ponte Maceira.

Foi un camiño con paradas para escoitar contos, coñecer feitos históricos do lugar, cantar, aprender cousas sobre os peregrinos, sobre a toponimia da zona, sobre a natureza... En definitiva, unha saída moi ben aproveitada.



    

martes, 28 de marzo de 2017

Os nenos de 2º A e C visitan Santiago

O pasado día 14 de marzo, os nenos e nenas de 2º A e 2º C fixeron unha saída didáctica a Santiago de Compostela onde visitaron O Mercado de Abastos, a Libraría Couceiro e deron un paseo para admirar a arquitectura do centro da cidade.

Aquí vos deixamos unhas fotografías de ese día.






miércoles, 19 de octubre de 2016

O ALUMNADO DE 4º VISITA METEOGALICIA


Resultado de imagen de dibujo meteogalicia

Os alumnos e alumnas de 4º visitaron Meteogalicia en Santiago.

Ademáis de coñecer os diferentes espazos do edificio e cómo traballan o que máis gustou foi presenciar o lanzamento dun globo radiosondaxe.

Se picades nos enlaces, podedes ver máis sobre a visita.

Meteogalicia 1
Meteogalicia 2